ASFALTADO DA RÚA DA PRAIA

28 / FEB / 2020

ASFALTADO DA RÚA DA PRAIA

Por mor de problemas técnicos acontecidos na primeira xornada dos traballos de pavimentación das rúas Venezuela e Lagoa, que xeraron un retraso na programación prevista dos mesmos e en previsión dun empeoramento das condicións meteorolóxicas nas vindeiras horas, o Departamento de Obras e Servizos do Concello de Sada acordou pospor a realización dos traballos de asfaltado que se reanudaran tan axiña como a meteoroloxía permita executarlos nas condicións axeitadas para así obtermos un resultado óptimo dos mesmos.

Tendo en conta o anterior pedimos a colaboración e comprensión de todas/os agardando saiban entender as molestias que se poidan producir.