Apoio unánime en Sada ás cofradías de pescadores galegas

26 / MAR / 2021

Apoio unánime en Sada ás cofradías de pescadores galegas

O Pleno de Sada aprobou onte por unaminidade unha moción presentada polo goberno local, consensuada en diferentes enmendas polos grupos da Corporación,  na que se insta aos grupos políticos que integran o Parlamento Europeo, nos que se inclúan todos os partidos do arco parlamentario galego, a presentar alegacións que consideren unha mudanza das medidas impostas pola Unión Europea así como a instar á Xunta de Galicia e ao goberno do estado Español a continuar coa posta en práctica de medidas de apoio ao sector pesqueiro artesanal e que garantan a protección das e dos traballadores do mar.

Sada, 26 marzo 2020.

Coincidindo coas medidas que está a levar a cabo a flota artesanal de toda Galicia o goberno local do Concello de Sada presentou onte ao Pleno Ordinario unha moción de apoio ao sector e contraria ao regulamento de Control Pesqueiro, e as medidas que contén, despois de pasar polo pleno do Parlamento Europeo.

O goberno local fai súas as reivindicacións das confradías que rexeitan que os barcos teñan que incorporar elementos para estar permanentemente localizados, instalar circuítos pechados de televisión para controlar o cumprimento da obrigación de desembarque e estender a esta flota o diario electrónico de a bordo (DEA)

A moción incide que o Concello de Sada, coma institución responsable da sostibilidade dos distintos ecosistemas, “ten a obriga de entender as diferenzas entre pesca industrial e artesanal, motivando este labor que tanta importancia económica, cultural e patrimonial ten para o noso pobo e para Galicia” polo que se entende que “estas medidas favorecen as grandes embarcacións, e como sempre, os barcos pequenos son os máis desfavorecidos nas medidas regulamentarias, cando a pesca artesanal é a que menos pegada e impacto ecolóxico ten no medioambiente”

O goberno local entende ademáis que “para a flota artesanal estas medidas son algo inviable ademais de reiterativo posto que esta flota xa realiza declaracións de desembarque ou notas de venta ou documentos de transporte sendo máis que suficiente nas declaracións realizadas polos profesionais”.

Por todo elo o pleno aprobou por unaminidade instar aos grupos políticos que integran o Parlamento Europeo,nos que se inclúan todos os partidos do arco parlamentario galego,a presentar alegacións que consideren unha mudanza das medidas impostas para que se baseen en criterios flexibles adecuados as diferencias tipolóxicas en canto aos metros de eslora e tipo de pesca que se practique.

Ademáis se insta á Xunta de Galicia e ao goberno de España a continuar na posta en práctica de medidas de apoio ao sector pesqueiro artesanal e que garantan a protección dos e das traballadoras do mar.