Amor, cortes e feridas, contacontos na Biblioteca Municipal

23/09/2019

Amor, cortes e feridas, contacontos na Biblioteca Municipal

A biblioteca municipal Ramón Suárez Picallo programa o vindeiro xoves 26 de setembro ás 18:30 un contacontos de Iseo A Moura sobre a historia dunha sobreira que aprende que o amor comeza nunha mesma e só así consegue curar as feridas que lle causara a relación cos homes. Amor, cortes e feridas son leccións importantes sobre todo o que nos une e nos diferencia.

A biblioteca municipal Ramón Suárez Picallo dispón de 25 prazas para este contacontos de Iseo A Moura para nenos e nenas de 4 a 11 anos. 

LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS 

Inscrición en liña

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Cultura .

AXENDA