Actos Día da Nutrición en Sada

24 / MAI / 2017

Actos Día da Nutrición en Sada

Con motivo do Día Nacional da Nutrición (26-28 de maio) a concellería de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, organiza duas actividades relacionadas coa nutrición e a saúde.
 
A primeira delas terá lugar mañá ás 20:30 horas no local da OMIX de Sada. Trátase dunha charla impartida polos profesionais de NHIA Nutrición e Higiene Alimentaria sobre "Hábitos para toda la vida"
 
A segunda actividade terá lugar o sábado ás 9:30 horas da mañá na Praza Irmáns Suárez Picallo. Trátase dun almorzo saudable gratuito para todos os veciños e veciñas de Sada que queiran participar da actividade.
 
Ademáis de poder degustar diferentes produtos saudables, a partir das 11.00 horas pódese participar nunha clase aberta de Ioga e Pilates ao aire libre. Ese día é o Día nacional do Celíaco, polo que gracias a ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), haberá un espazo con material divulgativo sobre esta doenza para todos aqueles/as que queiran saber máis.