ACENDE O NADAL 2019

11 / NOV / 2019

ACENDE O NADAL 2019

A Concellería de Educación e Deportes do Concello de Sada organiza a 5ª edición “Acende o Nadal” que consiste na selección mediante sorteo dunha familia sadense que será a encargada de realizar o acendido navideño 2019.

Formulario de inscrición en liña

Bases de participacón Acende o Nadal 2019

A Concellería de Educación e Deportes do Concello de Sada organiza a 5ª edición “Acende o Nadal”, a carón do edificio de A Terraza,  o día que se acorde polo alumnado asistente ao pleno infantil que terá lugar do 4 de decembro. 

Poderán participar neste sorteo todas as familias empadroadas no Concello de Sada (comprobarase de oficio). A familia gañadora será a encargada de activar o acendido navideño nese acto, polo que poderán invitar a todos aqueles membros da súa familia ou achegados cos que desexen realizar unha foto de familia nese acto. Non hai límite no número de persoas invitadas.

Só se admitirá unha inscrición por unidade familiar (empadroada en Sada) que será presentada, presencialmente na OMIX, ou enviando os datos a través do formulario en liña

O prazo para presentar as inscricións será do 11 ao 29 de novembro (inclusive) até ás 15.00 h. a través de calquera das formas de presentación dispoñibles.

O sorteo celebrarase o día 4 de decembro ás 10:00 h. no local de actividades da Oficina da Xuventude e estará aberto a todas as familias que así o desexen.

A familia gañadora recibirá unha notificación vía telefónica comunicándolle que será a encargada de acender o Nadal en Sada e que se lle realizará unha foto familiar ese mesmo día e realizada por un fotógrafo profesional.

Por outra parte, establecerase unha listaxe de reserva con 5 familias no caso de que a familia que “Acende o Nadal en Sada” renunciase a asistir ao acto de acendido do Nadal.

As inscricións recibidas entrarán tamén nun sorteo que terá lugar ese mesmo día no Acendido de Nadal. Tres das familias que tiveran presentado a inscrición poderán gañar a realización dunha foto familiar cun fotógrafo profesional no lugar de Sada. O sorteo será presencial, polo que a presenza será requisito indispensable para ser gañador do premio. No caso de non estar presentes continuarse co sorteo ata adxudicar os tres premios

Arquivado en