A primeira feira de oficios artesáns de sada arrinca con 30 expositores e numerosas actividades

14/11/2015

A primeira feira de oficios artesáns de sada arrinca con 30 expositores e numerosas actividades

Orfebrería, velería, palilleiras, canteiros, artesanía en barro e en coiro, carpintería de ribeira, textiles, stands de mermeladas tradicionais, alfarería de Bonxe e distintos tipos de artesanos de bisutería expoñerán en Sada durante todo o fin de semana na carpa situada detrás da Terraza.
Paralelamente celebraranse talleres de oficios, demostracións de palilleiras, charlas de cantautores, concertos e sorteos de agasallos.

Programa I Feira Oficios Artesáns




Sada 12 novembro.

O Concello de Sada organiza a través da concejalía de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, gestionada por Liss Suárez Becerra, o I Feira de Oficios Artesanos que terá lugar do 13 ao 15 de novembro na carpa instalada detrás da Terraza.

A feira contará con máis de 50 palilleiras das catro provincias galegas, talleres de cestería e instrumentos musicais para nenos, arte solidaria e artesanos traballando en vivo como Valdi ou Pepa Lombao. Pero tamén concertos de cantautores, o venres e domingo as 20:00 horas na Capela de San Roque, e postos de asociacións como Aspace ou dúas dornas deOs Patexeiros.

Segundo Liss Suárez Becerra, esta feira realizase co "obxectivo de potenciar aos artesanos de Sada" e resalta "a importancia desta feira para a mocidade, para que coñezan os oficios, a súa tradición e a artesanía e por suposto para a vila de Sada como referente de citas ao longo do ano."

"A intención, sinala o concelleiro, é potenciar, promocionar, divulgar e universalizar a artesanía galega pois goza dun nivel de calidade altísimo do que é un bo exemplo os artesanos sadenses. Sada ten que converterse, nisto tamén, nunha referencia a nivel comarcla, rexional e estatal. Ese é o obxectivo".

A feira contará con postos de orfebrería, velería, palilleiras, canteiros, artesanía en barro e en coiro, carpintería de ribeira, textiles, stands de marmeladas tradiocnales, alfarería de Bonxe e distintos tipos de artesanos de bisutería que expoñerán e venderán os seus produtos.

Ademáis desde a concejalía programan talleres de distintos oficios e demostracións de palilleiras, así como distintas charlas relacionadas cos oficios representados nesta feira. O protagonismo musical combinará cantautores con pasacalles a cargo da agrupación A Meda do Castro

Ademáis da promoción dos artesanos de Sada desde a concejalía quérese potenciar este evento como de interese turístico para achegar visitantes a Sada. "Tanto este evento como a Cervefeira, indica Suárez Becerra, pretenden desestacionalizar a oferta de lecer e de eventos en Sada, estamos no camiño de organizar un evento cada dous meses, fóra da tempada estival, para que Sada sexa lugar de interese para os visitantes."

Descarga el programa

Arquivado en:
Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Economía. Cultura.

Perfís:
Turistas.