A Biblioteca Municipal programa o obradoiro AGASÁLLA-TE

01 / SEP / 2019

A Biblioteca Municipal programa o obradoiro AGASÁLLA-TE

A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo abre a inscrición de 25 prazas para o obradoiro AGASÁLLA-TE destinado a maiores de 16 anos e qu terá lugar o xoves 28 de novembro ás 18:30.

Inscrición en liña AGASÁLLA-TE

Folla inscrición para entregar na Biblioteca

Este obradoiro, a cargo de Iria Mejuto,  de carácter principalmente práctico, está deseñado para mostrar multitude de ideas para agasallar o teu tempo sendo ecoloxicamente responsable e fomentando o espírito creativo. 

Unha cita poética que descubriches nun libro da biblioteca, escrita a man sobre unha taza ou unha foto personalizada coa axuda dun manual de fotografía son só algunhas das ideas que temos.

As prazas dispoñibles son 25, polo que en caso de que as inscricións superen este número terá lugar un sorteo público entre todas as persoas solicitantes na Biblioteca Municipal. No sorteo terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Sada a partir dos 16 anos. A listaxe de admitidas/os  publicarase no taboleiro de anuncios da Biblioteca e na web sada.gal