CONCURSO MICRORRELATOS DESESCALADOS SADA

05 / XUN / 2020

CONCURSO MICRORRELATOS DESESCALADOS SADA

MICRORRELATOS DESESCALADOS

Concurso de creación literaria progresivamente desconfinada

1.- EN QUE CONSISTE?

MICRORRELATOS DESESCALADOS é un concurso de expresión literaria en galego, aberto á participación de toda a comunidade, sen límite de idade.

As persoas que queiran participar neste concurso poderán crear un microrrelato que xire arredor do tema “Desescalada”, ou teña relación ou se inspire neste novo concepto.

Os microrrelatos deberán ir acompañados dunha ilustración ou fotografía relacionada co texto.

Cada participante deberá colgar o relato e a imaxe no seu perfil de Instagram e etiquetar a @bibliosada. Ademais, nos canceliños deberán incluír os seguintes:

#sadamicrorrelatos

#normalizaciónlingüísticasada

2.- QUEN PODE PARTICIPAR?

Pode participar calquera persoa que cumpra coa condición de publicar os relatos e a imaxe relacionada no seu perfil de Instagram, cumprindo coas condicións que se recollen no punto seguinte.

3.- HAI ALGÚN REQUISITO?

· A temática será a “DESESCALADA”. Deberase mencionar a palabra desescalada e/ou facer referencia a ela no texto.

· Só se admitirán textos escritos en galego.

· As obras deberán ter unha extensión máxima de 100 palabras.

· Os textos acompañaranse dunha foto, ilustración ou imaxe que garde relación co texto.

· As persoas participantes deberán publicar os microrrelatos nas súas contas persoais en Instagram, etiquetando a @bibliosada.

· Seguir o perfil @bibliosada en Instagram.

· As publicacións incluirán os cancelos: #sadamicrorrelatos e #normalizaciónlingüísticasada.

4.- CALES SON OS PRAZOS?

Os textos poderán presentarse segundo os requisitos mencionados no punto anterior a partir do día seguinte ao da publicación das bases no BOP da Deputación da Coruña, o cal será anunciado tamén na web municipal e nos perfís de RRSS do Concello de Sada.

O prazo para a participación será de 15 días naturais a contar dende a data de apertura, pechándose o 20 de xuño ás 23:59h.

5.- QUEN ESCOLLE A PUBLICACIÓN GAÑADORA?

O premio será para o microrrelato que acade máis “gústame” ata as 23:59h da data de finalización do concurso. Ao longo do día seguinte farase público o resultado a través das RRSS do Concello de Sada.

6.- CAL É O PREMIO?

Haberá un único premio que consistirá nun vale por valor de 150€ para a adquisición de libros en calquera libraría con sede no termo municipal de Sada.

Arquivado en