Campaña de Esquí 2016 - Deputación da Coruña

22 / ENE / 2016

Campaña de Esquí 2016 - Deputación da Coruña

Campaña de Esquí 2016 - Deputación da Coruña.

Esquí en Leitariegos 2016

A Deputación da Coruña, realiza unha campaña de esquí na estación invernal de Leitariegos (provincia de León) para nenos e nenas de toda a provincia, nacidos nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.



Ao Concello de Sada concedéronlle 9 prazas para nenos e nenas empadroados/as no noso Concello e correspóndenos ademais a 3ª quenda, do 21 ao 26 de febreiro.

Serán seis días con estancia e mantemento, ademais de clases de esquí, aluguer de material, seguros, remontes mecánicos, con todo incluído na estación de Leitariegos. A entrada será o domingo 21 de febreiro pola tarde e a saída o venres 26 de febreiro despois da comida.

As preinscricións só se poderán entregar na OMIX ou por correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..">omixsada@gmail.com. O prazo de presentación será até o 22 de xaneiro de 2016.

No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, faremos un sorteo público nas instalacións da OMIX o 26 de xaneiro ás 12:00 horas, e avisarase por teléfono aos admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.

Cada participante abonará unha cota de inscrición de 95 euros. Non teñen que pagar a cota nin presentar ningunha documentación, excepto a preinscrición, ata que o Concello de Sada confírmelles a praza.

As solicitudes que non cumpran cos requisitos, serán anuladas do sorteo automaticamente.

Arquivado en