A Deputación da Coruña, programa a “Campaña da Neve 2023” na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2022).
INSCRICIÓN CAMPAÑA DA NEVE 2023
Ao Concello de Sada concedéronlle 10 prazas na 6ª quenda (17/02/23 ao 20/02/23) para rapaces e rapazas empadroados/as no noso Concello.
As inscricións para participar na Campaña de Neve 2023 só se poderán entregar no Rexistro Xeral do Concello de Sada. O prazo de presentación será do 2 ao 14 de Decembro 2022 ás 14:00 horas.
Terán preferencia os rapaces que non foran a ninguna campaña de neve da Deputación Provincial. No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, farase un sorteo público na área de Deportes (Entreplanta do edificio de Servizos Administrativos na Avenida da Mariña, 25) ás 12:00 horas do venres 16 decembro 2022, e avisarase por teléfono aos admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.
Cada participante aboará unha cota de participación de 85 euros. Non teñen que pagar a cota nin presentar documentación (excepto a inscrición que se achega a este escrito) ata que o Concello lles confirme a praza.
As solicitudes que non cumpran cos requisitos serán anuladas do sorteo automáticamente