A Alcaldía do Concello de Sada mediante Decreto núm. 1303/2023, do 6 de xullo,aprobou a convocatoria de proceso selectivo para unha cuarta ampliación da bolsa de emprego, para postos de socorrista para espazos acuáticos naturais, a partir do posto 9º en adiante da orde de prelación. Para a tramitación do proceso selectivo aplicaranse ás bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm.519/2022, do 20 de abril (BOP núm.78, 26-4-2022) agás no relativo ao prazo de presentación de instancias dende a publicación do anuncio da convocatoria no BOP e da susceptible emenda das mesmas, que se reduce en ambos supostos a 3 días hábiles como así dispón o decreto de corrección núm 1306/2023 do 6 de xullo.
O autobús dixital de RTVE poderase visitar de maneira gratuita en Sada os días 12, 13 e 14 de agosto. Esta campaña baixo a lema “O teu futuro escríbese con D” está destinada a romper coa fenda dixital das novas tecnoloxías para todas as persoas.
A empresa ourensá alíase cos veciños de Sada e inicia unha campaña para pór en valor una das tradicións culinarias máis arraigadas en Galicia.
“A miña intención é reiniciar, o máis axiña posible, este asunto de vital importancia para o noso pobo e, deste xeito, avanzarmos nun proxecto pioneiro en Galicia e, sen dúbida, transformador para a nosa vila” subliña Benito Portela na misiva enviada onte.
O Concello de Sada e a comunidade parroquial de Sada organizan as alfombras florais do Corpus Christi do 11 de xuño do 2023, coa colaboración e elaboración por parte da comunidade parroquial e veciños.
Se coas túas fillas e fillos cústache manter a calma e en ocasións crees que non tes ferramentas e enerxía para acompañarlles nos seus retos vitais. Se a miúdo hai situacións de distanciamento, desencontro, enfado e a comunicación familiar non flúe como antes. Se queres que o voso vínculo mellore e gustaríache vivir esta etapa con curiosidade e alegría: o Concello de Sada anímate a que participes neste curso-taller no que compartiremos con outras familias e desde un enfoque práctico e dinámico unha nova forma de acompañar a súa adolescencia.
A instalación tivo que pechar o día 5 de maio por problemas co nivel do cloro.
Resolución pola que se aproba DEFINITIVAMENTE a concesión DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA DE Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2023 (FOPPSS/2023)
Proposta do Concelleiro de Cultura, Comercio e Turismo, de data 02.05.2023, na que solicita a aprobación dunha ampliación temporal dos horarios xerais de peche para os establecementos de hostalaría e lecer do termo municipal, con motivo da celebración do Festival 8chéntame Sada, para potenciar o posible efecto positivo que a congregación de público pode ter sobre a actividade económica no ámbito local.
En base ao informe de Seguridade Viaria solicitado ao Servizo de Emerxencias Municipal retirarase nos próximos días o seto central da Avenida dá Mariña.
A empresa concesionaria non atendeu un primeiro requirimento de posta a piques da instalación