O Concello de Sada, a través da Concellería de Benestar e Igualdade, está presente na campaña da Deputación “Liberdade de Ser e Sentir” que ao longo do mes de xuño conmemora o día do Orgullo LGTBQI+.
O Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña concedeu ao Concello de Sada unha subvención correspondente ao programa FOPPSS/2021 por importe de 189.029 euros.