Actualidade

Filtrar

OBRADOIRO DE EMBARAZO E POSTPARTO EN SADA

OBRADOIRO DE EMBARAZO E POSTPARTO EN SADA

O Concello de Sada, a través da Concelleira de Benestar social e Igualdade e Emprego, programa un obradoiro de embarazo e postparto o venres 3 de novembro ás 12:00 horas no local da Cámra Agraria de Riobao.


25 / OUT / 2023

COMPARTIR EN:
Estabilización: Provisión en propiedade de unha praza de auxiliar administrativo de servizos sociais

Estabilización: Provisión en propiedade de unha praza de auxiliar administrativo de servizos sociais

Polo Decreto da Alcaldía núm. 1504/2023, do 4 de agosto, aprobouse a seguinte relación provisoria de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo provisión en propiedade polo sistema de concurso de unha (1) praza de auxiliar administrativo (de servizos sociais), pertencente á escala de administración xeral,grupo C, subgrupo C2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2022 de estabilización OEPE 13-2022 e se convoca ao tribunal


29 / SEP / 2023

COMPARTIR EN:
Sada reformula as actividades nas parroquias para favorecer a participación da veciñanza

Sada reformula as actividades nas parroquias para favorecer a participación da veciñanza

A concellería de deportes achega estas actividades deportivas as parroquias aunando a programación das propias casas do pobo para fomentar a actividade física e a participación social activa e xeracional da veciñanza nas parroquias. Para favorecer a organización das actividades a concellería ven de aprobar as primeiras bases de participación das actividades nas parroquias onde se establece tamén o cambio de datas e horarios, consensuados coas casas do pobo das parroquias, para evitar solapar a programación propia de cada parroquia.


23 / AGO / 2023

COMPARTIR EN:
CONVOCATORIA AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SERVIZOS SOCIAIS (ESTABILIZACIÓN)

CONVOCATORIA AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SERVIZOS SOCIAIS (ESTABILIZACIÓN)

Proceso selectivo provisión en propiedade polo sistema de concurso de unha (1) praza de auxiliar administrativo (de servizos sociais), pertencente á escala de administración xeral,grupo C, subgrupo C2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2022 de estabilización OEPE 13-2022


23 / AGO / 2023

COMPARTIR EN:
Sada habilita un novo punto violeta durante a actuación da Panorama

Sada habilita un novo punto violeta durante a actuación da Panorama

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego, habilitará mañá martes un punto violeta na praza Irmáns Suárez Picallo de 20:00 a 03:00 para previr, asesorar e atender ante posibles condutas de violencia sexual durante estas Festas


14 / AGO / 2023

COMPARTIR EN:
Sada emite un Bando con accións preventivas por risco de seca

Sada emite un Bando con accións preventivas por risco de seca

Veciñas e veciños de Sada, ante o estado de PRE-ALERTA no que se atopa o abastecemento de auga, actuando en común para maior eficacia da nosa acción, decidimos aplicar unha serie de medidas ante a situación de seca que, en caso de non remediarse cun réxime suficiente de choiva nesta estación, ameaza con levarnos a un escenario difícil de cara ao subministro para todas as necesidades da poboación.


10 / AGO / 2023

COMPARTIR EN:
PROCESO SELECTIVO BOLSA EMPREGO PARA POSTOS SOCORRISTAS 2023

PROCESO SELECTIVO BOLSA EMPREGO PARA POSTOS SOCORRISTAS 2023

A Alcaldía do Concello de Sada mediante Decreto núm. 1303/2023, do 6 de xullo,aprobou a convocatoria de proceso selectivo para unha cuarta ampliación da bolsa de emprego, para postos de socorrista para espazos acuáticos naturais, a partir do posto 9º en adiante da orde de prelación. Para a tramitación do proceso selectivo aplicaranse ás bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm.519/2022, do 20 de abril (BOP núm.78, 26-4-2022) agás no relativo ao prazo de presentación de instancias dende a publicación do anuncio da convocatoria no BOP e da susceptible emenda das mesmas, que se reduce en ambos supostos a 3 días hábiles como así dispón o decreto de corrección núm 1306/2023 do 6 de xullo.


12 / XUL / 2023

COMPARTIR EN:
O alcalde de Sada solicita entrevista persoal coa Directora Xeral de Augas de Galicia para retomar o proxecto do río Maior.

O alcalde de Sada solicita entrevista persoal coa Directora Xeral de Augas de Galicia para retomar o proxecto do río Maior.

“A miña intención é reiniciar, o máis axiña posible, este asunto de vital importancia para o noso pobo e, deste xeito, avanzarmos nun proxecto pioneiro en Galicia e, sen dúbida, transformador para a nosa vila” subliña Benito Portela na misiva enviada onte.


20 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
CURSO-TALLER INTENSIVO E EXPERIMENTAL: "ACOMPAÑANDO EMOCIONALMENTE A ADOLESCENCIA"

CURSO-TALLER INTENSIVO E EXPERIMENTAL: "ACOMPAÑANDO EMOCIONALMENTE A ADOLESCENCIA"

Se coas túas fillas e fillos cústache manter a calma e en ocasións crees que non tes ferramentas e enerxía para acompañarlles nos seus retos vitais. Se a miúdo hai situacións de distanciamento, desencontro, enfado e a comunicación familiar non flúe como antes. Se queres que o voso vínculo mellore e gustaríache vivir esta etapa con curiosidade e alegría: o Concello de Sada anímate a que participes neste curso-taller no que compartiremos con outras familias e desde un enfoque práctico e dinámico unha  nova forma de acompañar a súa adolescencia.


02 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
Sada instala unha válvula para evitar unha nova "sabotaxe" co cloro da piscina municipal

Sada instala unha válvula para evitar unha nova "sabotaxe" co cloro da piscina municipal

A instalación tivo que pechar o día 5 de maio por problemas co nivel do cloro.


25 / MAI / 2023

COMPARTIR EN:
SUBVENCIÓNS PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS COMUNITARIOS MUNICIPAIS 2023 (FOPPSS/2023)

SUBVENCIÓNS PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS COMUNITARIOS MUNICIPAIS 2023 (FOPPSS/2023)

Resolución pola que se aproba DEFINITIVAMENTE a concesión DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA DE Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2023 (FOPPSS/2023)


09 / MAI / 2023

COMPARTIR EN:
Sada porá sinais luminosas nos pasos de peóns e estuda elevalos

Sada porá sinais luminosas nos pasos de peóns e estuda elevalos

En base ao informe de Seguridade Viaria solicitado ao Servizo de Emerxencias Municipal retirarase nos próximos días o seto central da Avenida dá Mariña.


13 / ABR / 2023

COMPARTIR EN: