PERSONAS XA APUNTADAS:
Ás persoas que xa están anotadas ás ACTIVIDADES NAS PARRQUIAS chegaralles o recibo de pago que deberán aboar para continuar nas actividades.
Se algunha persoa non quere seguir rogamos o comuniquen no correo electrónico: breogan.blanco@sada.gal ou recadacion@sada.gal
NOVAS INSCRICIÓNS:
FICHA INSCRICIÓN - A inscrición realizarase de xeito presencial entregando a ficha que faciliten no Edificio Administrativo do Concello de Sada (en Parroquia debemos anotar a parroquia na que nos inscribimos para a actividade), sen precisar cita previa, ou que se pode descargar aquí
DATA LÍMITE PARA INSCRICIÓNS NO SEGUNDO TRIMESTRE: VENRES 31 DE MARZO
PREZO: Pilates 36€/ trimestre - Ioga 30€/ trimestre - Zumba 24€/ trimestre (Maio-Xullo)
- AGARDAR A CONFIRMACIÓN DA PRAZA
- RECIBIRASE UNHA CARTA DE PAGO NO CORREO ELECTRÓNICO FACILITADO PARA O ABONO DO TRIMESTRE, NON A TRAVÉS DE TRANSFERENCIA BANCARIA
- AS PERSOAS QUE PARTICIPARON NO ÚLTIMO TRIMESTRE MAIO-XULLO NON DEBERÁN ENTREGAR DOCUMENTACIÓN, SO COMUNICAR A BAIXA NO CASO EN QUE PROCEDA
ACTIVIDADES:
O obxectivo xeral das actividades, é o de facilitar unha alternativa hixiénica-saudable para os veciños e veciñas de Sada, maiores de idade ou de entre 16 e 18 anos.
Dentro dos obxetivos que se persegue está fomentar a vida activa en todo o Concello, promover hábitos saudables para a cidadanía, educar no referido ao esquema corporal, fomentar as relacións sociais durante a práctica de exercicio físico, motivar aos participantes de cara a unha maior inversión do seu tempo en actividade física ou desenvolver e perfeccionar a psicomotricidade do individuo.
Para máis información deberán poñerse en contacto co Concelleiro de Saúde, Breogán Blanco (no 981 620 075 (ext 103) ou no breogan.blanco@sada.gal ), co fin de solucionar sin ningún tipo de problema o seu proceso de inscrición.
A operatividade das actividades faise a través de grupos de whatssap onde se comunica todo o relacionado coa actividade, así como as posibles asistencias a diferentes parroquias (sempre que haxa dispoñibilidade) polo que preciso que comuniquedes á Concellería de Saúde na resposta ao correo recibido a vosa autorización a formar parte dos mesmos cun simple "AUTORIZO WHATSSAP", ademáis do recibo de transferencia ou pago da actividade.
HORARIOS: