2ª Convocatoria de Ampliación de la Bolsa de Empleo temporal de Socorristas

15 / XUL / 2022

2ª Convocatoria de Ampliación de la Bolsa de Empleo temporal de Socorristas

A convocatoria ten por obxecto de ampliación da bolsa de emprego temporal de socorristas aprobada polo Decreto da Alcaldía núm.805/2022, do 9 de xuño (ampliada polo Decreto da Alcaldía núm.953/2022, do 8 de xullo) a partir do posto 6º en adiante da orde de prelación (PS 12-22)

A esta convocatoria aplícanselle as bases xerais para a elaboración de bolsas no que lle corresponda e as bases específicas para elaboración de bolsa de socorristas (PS 5-22) (ambas achegadas a esta publicación) agás no relativo ao prazo de presentación de instancias e emenda das mesmas.

O prazo de presentación das instancias (3 días hábiles) comeza ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (15-7-2022) e remata o 20-7-2022.

As taxas de participación son 10€ (base 5ª das xerais)

A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (https://sede.sada.gal) no apartado da Oficina Virtual Tributaria, opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame (C2)

Unha vez descargado, o dito documento deberá imprimirse e pagar nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Tamén se poderá realizar o pagamento na mesma sede electrónica ou a través das distintas canles que o permitan (caixeiros, banca electrónica, etc.).

O pagamento a través deste medio será o único válido para o aboamento da taxa. Non se admitirán xustificantes que non correspondan ao ingreso realizado mediante carta de pagamento.

Para presentar a instancia a través da Sede electrónica https://sede.sada.gal haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este acehgarlle a instancia de participación e o resto de documentación esixida na convocatoria.

As solicitudes de participación axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.

Arquivado en