O Concello de Sada, a través de diversas concellerías, pon en marcha Sada Móvese, o programa de actividades naúticas, de aventura e lecer, que terán lugar no mes de agosto.
Bases participación Sada Móvese
Formulario de inscrición actividades infantís (Xogos Infantís)
As actividades de lecer e aventura promovidas pola Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Mocidade e Tic’s e por parte da Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada, ten como obxectivo que os/as veciños/as de Sada e a cidadanía en xeral, participen en actividades de lecer e tempo libre coa finalidade de que poidan adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades.
- Zumba: Sesións dirixidas que combinan os exercicios aeróbicos ao ritmo da música. Luns e mércores do mes de agosto ás 11:00 horas no céspede fronte ao Concello de Sada. Actividade gratuita e sen inscrcición. É necesario levar toalla e auga.
- Entreno funcional: Sesións moi dinámicas que buscan mellorar os movementos que xa realizamos na nosa vida diaria, pero mellorando a nosa axilidade, equilibrio e coordinación. Martes e xoves do mes de agosto ás 11:00 horas no céspede fronte ao Concello de Sada. Actividade gratuita e sen inscrcición. É necesario levar toalla e auga.
- Paddle Surf: Deporte acuático no que se utiliza a tabla de surf, pero engádese a pala como medio de desplazamento. Martes 4 e 18 e xoves 6 e 20 de agosto realizarase en horario de tarde. Saída dende a rampa de carrefour ás 18:00 horas. Martes 11 e 25 e xoves 14 e 28 de agosto realizarase en horario de mañá. Saída ás 12:00 horas dende a rampa de Carrefour. Inscrición previa.
- Orientación deportiva: Combina a parte física coas habilidades mentais, buscando chegar a un punto sinalado no percorrido a través da interpretación de mapas ou outros medios. Realizarase en zona de bosque, preto do entorno urbán. Venres do mes de agosto de 11:30 a 13:30 horas. Inscrición previa.
- Roteiro Kaiak: Percorrido duns 7.5 km en canoa, saíndo do porto de Sada e chegando até Veigue, para desfrutar das riquezas da nosa Costa Doce. Domingos 16 e 30 de agosto. Saída ás 10:30 horas dende a rampa de Carrefour. Inclúe tentenpie individual. Inscrición previa
- Xogos infantís: Diversos xogos orientados a nenas e nenos a partir de 3 anos. Mércores do mes de agosto de 18:00 a 20:00 horas no Paseo Marítimo. Actividade Gratuita. Máximo 20 prazas. Inscrición previa.
- Mozos e mozas a partir de 12 anos (inclusive) e adultos en xeral no caso das actividades náuticas.
- Nenos e nenas a partir de 7 anos e adultos en xeral, no caso da actividade de orientación deportiva.
- Nenos e nenas a partir de 3 anos no caso dos Xogos Infantís.
Faranse grupos por idades.
Terán preferencia as persoas empadroadas en Sada (será comprobado de oficio).
O límite de prazas será:
- Roteiros de orientación: 20 prazas
- Paddle surf: 10 prazas
- Roteiros kaiak: 10 prazas
A oferta de prazas poderá ser modificada por causas organizativas, sempre e cando as Concellerías considere a idoneidade de aumentar os grupos.
Para que a actividade se realice deberá haber un mínimo de prazas solicitadas ou será cancelada esa sesión.
- Roteiros de orientación: Mínimo 10 solicitudes
- Paddle surf: Mínimo 8 solicitudes
- Roteiros kaiak: Mínimo 8 solicitudes
En todo caso, poderase establecer unha listaxe de agarda en caso de que a demande supere a oferta e non poida ser cuberta.
Solicitude de praza e adxudicación para participar nas actividades
As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición a través das seguintes vías:
1.ON-LINE nos formularios habilitados
- Formulario único de inscrición para activividades náuticas e de orientación (Paddel Surf, Ruta Kaiak, Orientación Deportiva)
- Formulario de inscrición actividades infantís (Xogos Infantís)
2.Instancia xeral a través da SEDE ELECTRÓNICA www.sada.gal (só para as persoas que dispoñan de certificado dixital).
As inscricións poderán facerse individual ou de forma grupal até 4 participantes
A adxudicación realizarase segundo a hora e día de entrada no formulario web ou no rexistro da sede electrónica de ser o caso.
Unha vez que se esgoten as prazas ofertadas, establecerase unha listaxe de agarda por se quedasen vacantes.
As inscricións son semanais e individuais por cada actividade solicitada, quedando da seguinte forma:
- Actividades que terán lugar na semana do 3-9 de agosto. - Inscrición: do 27 ao 30 de xullo - Pago: 31 xullo e 1 de agosto
- Actividades que terán lugar na semana do 10-16 de agosto. - Inscrición: do 3 ao 6 de agosto - Pago: 7 e 8 de agosto
- Actividades que terán lugar na semana do 17-23 de agosto. - Inscrición: do 10 ao 13 de agosto - Pago: 14 e 15 de agosto
- Actividades que terán lugar na semana do 24-30 de agosto. - Inscrición: do 17 ao 20 de agosto - Pago: 21 e 22 de agosto
A confirmación de prazas ou indicación de se está en listaxe de agarda será todos os venres a través do correo electrónico.
A formalización definitiva da inscrición será mediante a presentación do xustificante de pagamento a través do correo electrónico omixsada@gmail.com dentro dese periodo de pago.
A NON PRESENTACIÓN DO XUSTIFICANTE DE PAGO NO PERIODO ESTIPULADO IMPLICARÁ A PERDA AUTOMÁTICA DA PRAZA ADXUDICADA, PASANDO AO SEGUINTE DA LISTAXE DE RESERVA.
Cotas:
Os prezos de aplicación para os/as participantes nas actividades deportivas e de lecer serán os que se establezan no informe de prezo público previa aprobación dos Servizos Económicos Municipais, segundo Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 20 de xullo de 2020. Prezo público
- 2 Sesións semanais de Paddle Surf (1.5h cada unha): 9€ cada sesión. Total: 18€
- 1 Sesión Roteiro Kaiak Costa Doce (3h): 18€
- 1 Sesión Orientación Deportiva (2h): 8€