Sada mellorará a rede de distribución de auga potable en camiños de Osedo e Mosteirón

18 / SEP / 2020

Sada mellorará a rede de distribución de auga potable en camiños de Osedo e Mosteirón

A concellaría de Obras e Servizos mellorará as subministracións dos camiños do Camiño do Palomar, Camiños da Torrente (Seixeda), Camiños das Gateñas (Xan Amigo) e camiño de Casteliño, todos eles na parroquia de Osedo e no camiños de Caharrete na parroquia de Mosteirón.

Sada, 18 setembro 2020.

O Concello de Sada, a través da Concellaría de Obras e Servizos, pechou a presentación de ofertas da licitación de actuacións en varios puntos das parroquias de Osedo e Mosteirón consistentes na instalación de nova canalización de auga potable.

En concreto desde Obras e Servizos mellorarase a rede actual de distribución de auga potable no Camiño do Palomar, Camiños da Torrente (Seixeda), Camiños das Gateñas (Xan Amigo) e Casteliño, todos eles na parroquia de Osedo e no camino de Caharrete na parroquia de Mosteirón.

As obras en todos estes camiños consisten na instalación de diversas canalizacións de distribución de auga potable, que conectan con redes xa existentes, de tal forma que estas obras se consegue dotar do servizo de auga potable a un maior número de veciños que até agora carecían do servizo de abastecemento municipal.

A actuación consistirá na colocación de tubaxes de canalizacións que se conectan coa rede de distribución existente, e inclúense as acometidas domiciliarias en zona pública. Para a colocación das canalizacións citadas contémplanse os traballos de demolición de pavimiento existente, apertura de gabia, colocación das canalizacións, recheo de gabias, reposición de pavimento existente, así como instalación de valvulería.

O prazo de execución unha vez adxudicada a licitación, actualmente en proceso de avaliación de ofertas,  será de dous meses e o orzamento de contrata ascende a 95 430,97 euros nos camiños de Casteliño e Cacharrete e a 136.439,98 euros para a actuación dos camiños do Palomar, Torrente e das Gateñas.

Arquivado en