Sada apoia a campaña #construindodiversidade

25 / XUN / 2018

Sada apoia a campaña #construindodiversidade

Con motivo do 28 de xuño, Dia do Orgullo LGTQI, o Concello de Sada a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, pendura a bandeira do arco da vella na fachada da Casa consistorial.

Sada 25 xuño 2018.

O Concello de Sada forma parte da campaña de sensibilizacion da Deputación da Coruña, baixo o hashtag #construindodiversidade. Desde a Deputación da Coruña se pretende sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como dignificar a comunidade LGTBQI.

A bandeira LGTBQI ou bandeira do arco da vella -ás veces denominada bandeira da liberdade- foi utilizada como símbolo do orgullo gay e lésbico desde finais dos anos 70. As diferentes cores simbolizan a diversidade na comunidade LGTBQI. Aínda que pareza incríbel, a homosexualidade segue a ser considerada como un delito que se castiga ca pena de morte en paises como Irán, Mauritania, Arabia Saudita, Sudán, Yemen, Nigeria e Somalia.

"Queremos mostrarnos como un Concello aberto e exemplar na reivindicacións dos dereitos e na defensa das liberdades sociais deste colectivo. Seguiremos sendo totalmente intolerantes ante calquera tipo ataque social homófobo, como xa fixemos o pasado ano nas rúas" sinalou esta mañá a concelleira de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez.

Arquivado en