Sada acolle as conferencias de Turismo Sostible da Reserva da Biosfera

16 / ABR / 2018

Sada acolle as conferencias de Turismo Sostible da Reserva da Biosfera

Esta mañá inauguráronse e celebrouse a primeira parte das Conferencias de Turismo Sostible da Reserva da Biosfera coa presenza con concelleiro de promoción Económica e Turismo de Sada, Liss Suárez Becerra; do diputado provincial de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, Xosé Regueira Varela; do presidente do consello de dirección da Reserva, Jose A. Santiso; e a directora de Turismo de Galicia, Maria Nava Castro.

Programa Conferencia Turismo Sostible

Sada 16 abril 2018.

O Concello de Sada acolle hoxe e mañá a I Conferencias de Turismo Sostible na Reserva da Biosfera, a cal ten entre os seus fins difundir e transmitir coñecementos no eido do ecoturismo, tratando de ofrecer unha visión o máis ampla posible deste modelo de turismo, poñendo en valor e interconectando os produtos gastronómicos de excelencia, o patrimonio e a nosa etnografía, así como fortalecendo o emprendemento verde no territorio recoñecido internacionalmente pola UNESCO como Reserva de Biosfera.

Esta mañá, ademáis da inauguración das xornadas, falouse de exemplos de boas prácticas e casos de éxito no Ecoturismo con Amanda Guzmán Villar, directora do Club de Ecoturismo en España e houbo unha mesa redonda: Cooperación urbano- rural en materia de turismo sostible coa presenza de Carlos Rodríguez Carro, Secretario Académico e profesor da Escola Universitaria de Turismo (CENP- UDC); Jorge M. Blanco Ballón. Xerente da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”; Lanzada Calatayud, Xerente do Consorcio de Turismo de A Coruña; Xosé Regueira Varela, Deputado de Cooperación, Plans Provinciais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio Histórico Artístico da Deputación da Coruña, Andrés Precedo Ledo, membro do Comité Científico da Reserva de Biosfera MCeTM e Antonio Sandoval Rey, escritor e comunicador ambiental. 

O peche e as conclusións das conferencias do día de hoxe estivo a cargo de Xosé Lois Suárez Becerra, concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada. 

O obxectivo destas xornadas é difundir e transmitir coñecementos sobre o ecoturismo. "Coas nosas acción temos que conseguir chegar á poboación en xeral, e o turismo é unha peza clave para facelo", explicouse aos asistentes, entre os que se atopaban os alumnos da Escola de Turismo da Coruña, o futuro do sector.

Para mañá prográmanse as seguintes charlas.

10.00-11:00 horas: Perspectivas Sociolóxicas sobre o Turismo Sostible.

• Presenta: D. Mario Crecente Maseda. Profesor da Escola Universitaria de Turismo (CENP-UDC).

• Interveñen: D. Xosé Lois Suárez Becerra.Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada.

• Dna. Antonia Pérez García. Profesora experta en Socioloxía do Turismo (EUT-CENP. UDC).

11:00-12:00 horas: Emprendemento Verde no eido do Turismo Sostible.

Presenta e Modera: D. José Soto Martínez. Representante Mesa Turismo ADR Mariñas-Betanzos. 

Interveñen: 

• D. Gerardo Lagares. Director “Orballo”. 

• Dna. Mónica e Silvana Crisóstomo Besada. “Ideas Peregrinas Pilgrim Store”. 

• Dna. Luísa Celis Sanmiguel. Técnica de empregoADL do Concello de Sada. 

• Dna. Sonia Molero Estrella. Sumiller e experta en turismo enolóxico. Uvepositivo. 

12:30-13:30 horas: Potenciación do Ecoturismo no Concello de Sada.

Presenta e Modera: D. Rubén Camilo Lois González. Catedrático de Análise Xeográfica Rexional e Coordinador do Grupo ANTE – USC. 

Interveñen: 

• D. Xosé Lois Suárez Becerra. Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada. 

• D. Manuel Pérez Lorenzo. Asociación Irmáns Suárez Picallo. 

• D.Federico López Viñas. Turismo Mariñeiro. Xerente do GALP Golfo Ártabro Sur. 

• D.Antonio Martínez. Técnico de Turismo de Sada. 

13.30- 14:00 horas: Turismo Gastronómico: Produtos de Excelencia na Reserva de Biosfera. 

Presenta e modera: D. Carlos Vales Vázquez. Director do CEIDA. 

• D. Luis Paadín. Autor da Guía de Viños de Galicia. 

 

Arquivado en