Patrimonio inicia os trámites para declarar BIC o Museo Carlos Maside

03 / MAR / 2018

Patrimonio inicia os trámites para declarar BIC o Museo Carlos Maside

A declaración de BIC do Museo Carlos Maside plasma o compromiso que adquirira o alcalde, Benito Portela, no acto de homenaxe a Carmen Arias “Mimina”, muller de Isaac Díaz Pardo e filla adoptiva de Sada, onde anunciara medidas para garantir a conservación dos fondos do museo Carlos Maside e a apertura ao público dun espazo que “é memoria do País que Isaac, Seoane e Mimina soñaron”. Portela, mostrase satisfeito polo traballo levado a cabo polo goberno local para por en valor tanto o edificio das Cerámicas do Castro como o valor artístico, cultural e histórico que atesora.

Sada 3 de marzo 2018.

A Consellería de Cultura anunciou a través do secretario xeral, Anxo Lorenzo, o inicio dos estudos previos necesarios para proceder á incoación da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para o Museo Carlos Maside “debido ao carácter sobranceiro para o noso patrimonio cultural”

Este anuncio prodúcese logo de dous anos de traballo do goberno municipal na búsqueda da distinción de BIC para o complexo do Castro e que agora a Xunta anuncia para o Museo Carlos Maside.

Para iniciar as actuacións necesarias a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural procederá a valorar a situación actual da museografía do museo e analizará as necesidades arquitectónicas e de conservación do edificio mediante visitas técnicas. Posteriormente, una vez conseguidos os informes, “procederase a convocar una xuntanza coas partes implicadas co fin de seguir avanzando no desenvolvemento do proxecto” sinalan desde a consellería de Cultura.

Proceso de consecución de Ben Interese Cultural para as Cerámicas do Castro.

O pleno da corporación do Concello de Sada aprobou hai dous anos, en decembro de 2015 e co voto en contra do Partido Popular, a proposta do goberno local de instar á Xunta a axilizar os trámites para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a fábrica de Cerámicas do Castro. Daquela o goberno municipal sinalaba que a distinción encamiñábase a “preservar o edificio e o patrimonio que atesoura” e a saldar unha "débeda histórica" con Díaz Pardo.

O alcalde, Benito Portela, lembraba no transcurso daquel pleno que a factoría de Sargadelos de Cervo xa dispuña desa distinción e que "hoxe Sada vai tentar estar á altura de Díaz Pardo na defensa do seu legado cultural e empresarial".

A iniciativa do goberno local foi aplaudida Xosé Díaz, fillo do intelectual galeguista Díaz Pardo, quen consideraba “moi positivo» que o Concello reclamase o inicio da tramitación do expediente, o que no seu día tamén solicitou o Parlamento de Galicia “sen resultado até agora”.

Díaz destacou que a protección do complexo sadense, situado xunto a un castro, garantirá que se conserve “un anaco dá memoria histórica de Galicia”, en referencia ao Museo Carlos Maside, que ten “un gran valor simbólico” e que naceu coa intención de rescatar do esquecemento a plástica galega contemporánea.

Seguindo co proceso de por en valor o edificio como do valor artístico, cultural e histórico do mesmo o alcalde de Sada e os representantes do Laboratorio de Formas de Galicia, Xosé Díaz, e das Cerámicas do Castro S.L., Segismundo García, asinaron en setembro de 2017 un documento para solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia a un convenio que teña por obxetivo a rehabilitación e posta en marcha do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, ubicado no Castro de Samoedo.

Os solicitantes destacaban a importancia, tanto cultural como arquitectónica, do conxunto que forman o propio museo e a antiga fábrica de Cerámicas do Castro, así como a relevancia dos fondos que alberga: unha das meirandes coleccións de obras de arte galega contemporánea, froito do traballo e adicación de dúas figuras senlleiras e irrepetibles da cultura galega como foron Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo.

No documento solitábase da Xunta de Galicia a materialización do devantido convenio “no que fique plasmado o compromiso irrenunciable da administración autonómica, canda o Concello e os propietarios, para a recuperación e posta en funcionamento deste xigante do patrimonio cultural galego”.

Este solicitude plasma o compromiso que adquirira Benito Portela, no acto de homenaxe a Carmen Arias “Mimina”, muller de Isaac Díaz Pardo e filla adoptiva de Sada, celebrado no mes de marzo do 2017. Nese acto, Portela anunciara a proposta do convenio entre o Concello, as Cerámicas do Castro e a Xunta de Galicia, para así garantir a conservación dos fondos do museo Carlos Maside e a apertura ao público dun espazo que “é memoria do País que Isaac, Seoane e Mimina soñaron”.

Museo Carlos Maside

O complexo industrial de Cerámicas do Castro iniciou as súas actividades en 1949. Preto dun castro celta no concello de Sada levantouse a primeira fábrica da nova Sargadelos, na que se volveron a producir cerámicas feitas coas terras do norte lugués. A fábrica foi creada polo intelectual, artista e empresario galeguista, Isaac Díaz Pardo. En 1960 construiuse una nova planta incorporando a súa producción deseños entroncados con motivos abstractos xeométricos tomados do románico e do barroco galegos ou as formas que, dalgún modo, gardan un paralelismo co simbolismo formal da arte románico.

En 1963, Cerámicas do Castro e o Laboratorio de Formas asinan un convenio para a creación do Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro e outras institucións ideadas para traballar na recuperación da memoria histórica de Galicia.

O Múseo Carlos Maside inaugurouse en 1970 como un centro cultural vivo onde reunir parte da plástica galega contemporánea. Na súa colección permanente exhíbense obras de Francisco Lloréns, Castelao, Bonome, Laxeiro, Xulia Minguillón, Lugrís, Seoane, Francisco Asore, Xosé Frau, Maside ou Colmeiro.

O edificio proxectado por Andrés Fernández-Albalat, componse de varios volúmenes de forma hexagonal e diferentes alturas, unidos formando un orixinal conxunto. Cada un consta dunha cubrición piramidal. Ademáis os lados de cada figura atópanse pintados de gran colorido. O complexo do Castro non responde a un deseño preconcebido dunha soa vez. Naceron sen un orde de realización, posibilitados por esforzos e recursos, máis ben patrióticos, chegados con dificultades de todo tipo. Coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia, deséñanse as liñas estructurais básicas para a recuperación da memoria históica.

Así, a carón de emprendementos para producir e reproducir obxetos industriais, había que recoller para o seu estudo e divulgación obra e documentación do movemento renovar da arte galega a partir de Castelao; promocionar e espallar o estudo da historia contemporánea de Galicia; recuperar a imaxe do que fora Sargadelos onde hai 200 anos deseñarase una empresa industrial pioneira en plantetaxementos xurídicos e éticos que constituen un referente; mellorar a imaxe da información e da comunicación e realizar e apoiar todo tipo de investigación que tivera Galicia no seu horizonte.

Arquivado en