O goberno de Sada reformará íntegramente o parque infantil do Paseo Marítimo e mellorará o do Porto onde instalará unha zona de calistenia

24 / OUT / 2017

O goberno de Sada reformará íntegramente o parque infantil do Paseo Marítimo e mellorará o do Porto onde instalará unha zona de calistenia

-O goberno municipal pretende favorecer a integración no parque infantil do Paseo Marítimo coa incorporación de xogos para persoas con movilidade reducida.

-A concelleira de Deportes, Zeltia García, destaca o auxe entre os xóvenes de Sada do Street Workout, un movemento deportivo que se basea en adestrar en parques e espazos públicos usando o propio corpo.

Sada 24 outubro 2017.

O goberno local pretende renovar íntegramente o parque infantil do Paseo Marítimo adaptando os novos xogos ás normativas actuais e sustituindo o pavimento de caucho por outro máis cómodo e seguro e reformar o parque infantil do Porto para facer unha zona infantil moito máis cómoda así como habilitando unha zona para a práctica da calistenia ou Street Workout.

A actuación no Paseo Marítimo orzamentada en 248.000€, porá en valor un área de socialización onde se contempla a instalación de 15 novos aparatos de xogos entre os que destacan duas redes de escalada con luces led integradas, un banco pasadizo, barco pirata, columpios, carruseis ou arco con rocódromo.

O goberno municipal pretende con esta actuación favorecer a integración do parque coa incorporación tamén de novos elementos de xogos para persoas con movilidade reducida ampliando os accesos aos mesmos e o área de xogos.

A obra que se levará a cabo, en caso de que o pleno aprobe o xoves modificativo de crédito para a utilización do remanente de tesourería para financiamento dos investimentos, inclúe tamén a instalación de 48 metros cadrados de céspede  artificial  e a emisión do certificado de adaptación á normativa, recollendo as medidas de seguridade incluídas nas normativas europeas para parques infantís.

Outro dos parques que o goberno municipal pretende mellorar e o situado no Porto baixo o muro de Fontán. Neste caso se repararán algún elementos e outros serán sustituidos, añadindo novos xogos e unha zona para a práctica da calistenia.

A actuación neste parque infantil, orzamentada en 25.000€, inclúe a limpeza do caucho sintético e a súa reparación para facelo máis cómodo e seguro. Asemade se instalará céspede artificial na zona de Street Workout e aparatos para exercitarse de escalada, circuito de lumbares e abdominales e outros de extremidades superiores. Na zona infantil se reubicarán os xogos previamente reparados e engadiranse outros novos.

A concelleira de Deportes, Zeltia García, destaca o auxe entre os xóvenes de Sada da calistenia,  tamén chamada Street Workout, un movemento deportivo que se basea en adestrar en parques e espazos públicos usando o propio corpo.

“A explosión desta disciplina deportiva nos últimos dous anos foi notable, sinala Zeltia García, e en Sada contamos con numerosos practicantes. O feito de que se practique en parques e ao aire libre levounos a proxectar a reforma do parque situado no Porto para, por unha banda facelo máis acolledor para os nenos e nenas substituíndo e incorporando novos xogos nunha zona, e doutra banda habilitar unha nova zona para calistenia que a partir de agora seguro vai contar con máis usuarios”. 

Arquivado en