Medio Ambiente celebra o seu Día Internacional nos centros educativos de Sada.

07/06/2016

Medio Ambiente celebra o seu Día Internacional  nos centros educativos de Sada.

- Esta actividade súmase a outras xa realizadas pola concellalía de Medio Ambiente e que acabarán por plasmarse nun programa de educación medioambiental dirixido a todos os centros educativos e que empezará no vindeiro curso académico.


 

Sada, 7 xuño 2016.

Co gallo da celebración do Día internacional do Medio Ambiente o Concello de Sada celebrou nos centros educativos de Mondego e Sada e contornos unha actividade para seguir sensibilizando aos más cativos na conservación e divulgación nos valores medioambientais.

Esta actividade súmase a outras xa realizadas pola concellalía de Medio Ambiente e que acabarán por plasmarse nun programa de educación medioambiental dirixido a todos os centros educativos e que empezará no vindeiro curso académico.

“Agradecemos, indicou Liss Suárez Becerra, a colaboración desinteresada das direccións dos dous centros e tamén da empresa Jardiland, patrocinadora do evento”.

Para o concelleiro é necesario implicar a todos os axentes sociais, económicos e medioambientais nunha acción conxunta de presente que dará froito no futuro máis inmediato”.

Os cativos de Mondego e de Sada e Contornos recibiron como agasallo uns tarxetóns elaborados en papel de semilla ecolóxica biodegradable e volveron a recibir unha vez máis esta iniciativa con entusiasmo.


Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Formación. Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA