Festas de Outono 2016

24 / OUT / 2016

Festas de Outono 2016

A concellería de Cultura e Praias xunto coa concellería de Educación, Xuventude e Saúde programan as Festas de Outono con numerosas actividades do Magosto e do Samaín para toda a familia.

Cine de terror infantil e para adultos, concerto da Orquestra de Cámara Galega, obradoiros de pintura terrorífica ou cociña monstruosa, truco o trato... en definitiva moitas actividades para goce do público infantil e adulto nos próximos días.

O sábado 29 de outubro a partir das 18:00 horas celebrarase a IX Foliada de Sada organizada pola agrupación Queiroa dentro do magosto municipal onde haberá café, queimada e caldo gratuitos para todos os asistentes e tamén a disposición do público venta de castañas asadas, bolos preñados, chourizos e bebidas. O magosto municipal e a IX Foliada de Sada celebrarase na carpa situada detrás do edificio da Terraza onde tamén teremos a exposición de fungos e cogumelos da Sociedade Galega de Historia Natural.

O domingo 30 de outubro teremos un concerto na Casa da Cultura Pintor Lloréns a partir das 20:00 horas .A Orquestra de Cámara Galega ofrece o concerto "Unha noite diabólica".

Na tarde-noite do luns 31 de outubro ó martes 1 de novembro programamos tres propostas con numerosas actividades. 

TRUCO OU TRATO:  Os rapaces e maiores participantes collerán unha tarxeta na Capela de San Roque a partir das 18:00 horas.  Con isa tarxeta terán que visitar os establecementos involucrados nesta iniciativa para xuntar cantas máis lambonadas mellor. Deste modo poderán facerse cunha boa bolsa coa que gozar do “cine de Samaín” pola noite.

O Concello repartirá unha cantidade de golosinas entre os establecementos participantes nesta dinámica lúdica que ata o momento son Trendy Life, Mes Petits, Ciclos Paco, Hamburguesería Pachá, Bar Ela, Key Centro de Ocio Infantil, FL+ Parafarmic, Eurofrut, Zapatería infantil Colores, Centro de Belleza y Bienestar Roberto Ríos, Apricot, Calzados Yoal, Gris & Grey, Mis Tesoros, B3,  Dans Complementos, Pausa, Panadería Carnoedo, Eventuals, Lola, Tango, Frutería Deborah, Suyay, HolaMobi, Pub El Otro, Mesón A Nosa Viña, Badana y Golosus, Carnicería As Delicias Barrié, Carnicería As Delicias Linares Rivas, Dyppo, Alimentación Mary, Joyería Diart, Fotografía Alfonso, Base Todosport, Meniños, Carnicería Rodri, Frutería La Plaza, Carlin Sada, La Milagrosa Alimentación, Tere Moda, Tere Complementos, Comercial Artesanía, O Teu PC, Peluquería Roche, Peluquería La Laguna, Horno San Isidro, 48-Galatea, New York-New York, Pachichiringo e La Esquinita. 

ANIMACIÓN DE RÚA: As zonas máis amplas das nosas rúas acollerán unha sucesión de coreografías a cargo das escolas de danza de Carmen López (Centro de Benestar Roberto Ríos) e de Sadanza (Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva), animarán diferentes rúas con coreografías macabras e terroríficas, poñendo a ambientación ideal para celebrar esta festa.

CINE E SORTEOS: O día rematará cun cine de Samaín nocturno, na carpa situada tras do edificio de La Terraza.  Haberá un pase para público familiar coa película “Frankenweenie”, de Tim Burton. Á finalización realizaremos o sorteo de diferentes premios (talóns de compra válidos para utilizar nos establecementos integrados neste Samaín) entre os tickets que os participantes no “TRUCO OU TRATO” foron conseguindo nos establecementos, e remataremos esta primeira parte cunha “purificadora queimada”.

Ás 00:00h. un segundo pase para público adulto cunha das películas de terror mellor valoradas de todos os tempos: “El Resplandor”, de Stanley Kubrick, cunha das actuacións máis memorables de Jack Nicholson. Ó final deste pase repartiremos vales canxeables das promocións que os establecementos de restauración e ocio nocturno nos acheguen.

Nas seguintes ligazóns podedes consultar a programación así como as follas de inscripción para os obradoiros.

IX Foliada de Sada

Concerto "Unha noite diabólica" Orquesta de Cámara Galega 

Samain 2016 para os mái novos

- Folla inscripción obradoiros de Samain   

Por outra parte dende a Concellería de Cultura e dende a Concellería de Educación e Xuventude do Concello de Sada animan a os comercios e locales de hostelería sadense a participar nunha serie de actividades das festas do outono. Se tes un comercio ou un local de hostelería en Sada preme la seguinte ligazón. 

- Carta e inscrición para participar nas actividades para os comercios e a hostelería de Sada 

Arquivado en