O Concello de Sada reformará o inmoble para habilitar na planta baixa un aula infantil-ludoteca e un ximnasio e na planta alta unha sala destinada a aula musical e tamén espazos destinados ás asociacións e clubs deportivos do municipio, para organizar reuniones e atender aos seus asociados.
O Club Ciclista Sada e o Concello de Sada organizan o domingo 3 de decembro a MARCHA SOLIDARIA SOBRE RODAS que terá saída ás 11:30 horas dende a Praza Irmáns Suárez Picallo.
A Concellería de Benestar Socia e Igualdade e Emprego programa as actividades maiores 55 anos de envellecemento activo.
A Concelleira Benestar Social e Igualdade e Emprego e o Consorcio As Mariñas programan un curso sobre manipulación de alimentos.
Xincana de Samaín-Truco ou Trato, Bosque do Terror no Curruncho, actividades nas parroquias, teatro infantil, cinema de terror ou a segunda edición do concerto Mortos na Vila II: Unha noite de Punk-Rock, entre as actividades programadas polas concellerías de Cultura, de Xuventude e de Turismo e Promoción Económica.
Proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, dunha (1) praza de albanel, persoal laboral, pertencente ao Grupo IV, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2023 (BOP núm. 85, do 05-05-2023) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2023.
As concellerías de Cultura, de Xuventude e de Turismo organizan as actividades do SAMAÍN SADA 2023
A biblioteca municipal de Sada programa unha sesión de animación á lectura na que o Mago Paco mesturará contos, xogos e maxia.
O Concello de Sada organiza unha serie de actividades programadas para celebrar o Samaín en colaboración co comercio local.
O Concello de Sada e o Club de Atletismo Sada organizan a X Carreira da Auga UNICEF Sada na que toda a recaudación irá destinada ao Programa de Auga e Saneamento (WASH) de Unicef en Níxer
Sesión de contacontos a cargo de Árbore Azul na que as nenas e nenos aprenderán técnicas de respiración e posturas de ioga.