Tres zonas de baño das praias de Sada acadan a calificación de excelente

14 / ABR / 2021

Tres zonas de baño das praias de Sada acadan a calificación de excelente

A Xunta de Galicia ven de informar da clasificación sanitaria final das zonas de baño, vixente para a tempada 2021, onde os areais de Arnela, Cirro e San Pedro acadan a máxima calificación.

Sada, 14 abril 2021.

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ven de anunciar o estado das augas de baño dos areais do municipio vixente para toda a tempada de baño deste ano 2021.

No municipio sadense as augas dos arenais de Arnela, San Pedro e Cirro  obteñen a mellor calificación con "excelente".  Arnela e San Pedro mantense no máximo nivel de calidade e mellora nos resultados a praia de Cirro que pasa de “boa” no 2020 a “excelente” no 2021.

Sada Nova e Morazón situanse como calidade “boa” das augas. Repite o areal urbano pero mellora a calificación a praia de Morazón pasando de apta a boa para este ano.

O outro areal urbano, a Praia de As Delicias, obtén a calificación de suficiente para o baño e mantense desde 2018 como zona apta para o baño logo de encadear suspensos desde 2013, polo que corría o risco de ser eliminada definitivamente do listado de zonas de baño.

A Xunta cambiou a clasificación no 2018 en base a un artigo da directiva do Parlamento Europeo de xestión da calidade das augas de baño, que permite variar as series de datos utilizadas para a avaliación no caso de que se realicen obras de mellora na rede, como foi o caso de Sada. Desde entón ven encadeando niveis aptos para o baño.

Nas taboas que remite a Concellería de Sanidade inclúese a clasificación sanitaria calculada segundo o sistema de cálculo da Directiva 2006/7/CE. O artigo 13 do Real decreto 1341/2007, de 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño indica que durante a tempada de baño todas as administracións públicas teñen o deber de informar e difundir ao público interesado de forma activa, rápida e a través de mecanismos de fácil acceso nas proximidades de cada zona de augas de baño a clasificación sanitaria e calquera prohibición de baño ou recomendación de absterse de leste mediante unha sinalización sinxela e clara.