As empresas de Sada poden inscribirse na app de Turismo

10 / XUN / 2016

As empresas de Sada poden inscribirse na app de Turismo

-Uns 60 empresarios e empresarias estiveron presentes na reunión informativa celebrada na Capela de San Roque onde se mostrou o deseño da app e as vantaxes para o tecido empresarial da inclusión das empresas de Sada na mesma.

- A aplicación para dispositivos móbiles de Turismo de Sada incluirá unha listaxe de empresas de comercio, industria e hostalaría, coa información que cada empresario queira achegar así como fotos do seu negocio.

-As empresas do municipio poden inscribirse na guía empresarial mediante un cuestionario online ao que poden acceder na web sada.gal ou ben a través dun formulario que se atopa na Oficina de Turismo ou na  concellaría de Promoción económica, Turismo e medio Ambiente.

- Formulario para empresas para inscribirse en la APP

Envío de fotografías del establecimiento

Sada, 10 xuño 2016.

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Sada, xestionada por Liss Suárez Becerra, está a crear unha aplicación para dispositivos móbiles (App), co o fin de crear un directorio empresarial web, para facilitar o contacto entre empresas  e comercios asentadas no noso concello e posibles clientes, sendo un vehículo eficaz para dar a coñecer novos produtos e servizos.

O pasado mércores máis de de medio centenar de empresarios de Sada estiveron presentes na reunión informativa celebrada na Capela de San Roque onde se mostrou o deseño da app e as vantaxes para o tecido empresarial da inclusión das empresas de Sada na mesma.

Liss Suárez Becerra, concelleiro de Promoción Económica,  sinala que “o feito de que esta concellaría conte con datos actualizados para incluír na aplicación facilita o envío de información que podería ser de utilidade para o desenvolvemento da actividade comercial e empresarial” e animou a todos os presentes e as empresas de Sada a estar presentes na nova ferramenta dixital.

“Tivemos, sinala Suárez Becerra, moitas propostas dos establecementos que valoraron o proxecto como unha gran iniciativa. Agora imos engadir algunhas melloras na aplicación antes de que este operativa.”

Becerra sinala que na reunión houbo representación do sector de hostalaría, comercio e industria pero tamén do mercado municipal e das asociacións veciñais. “Esperamos ter operativa a aplicación este verán xa que entendemos que é unha ferramenta fundamental para promocionar integramente o concello desde o punto de vista turístico e para a promoción do tecido económico local.”

As empresas do municipio poden inscribirse na guía empresarial até o 30 de xuño mediante un cuestionario online ao que poden acceder a través da web sada.gal  ou ben a través dun formulario que se atopa na Oficina de Turismo ou na  concellaría de Promoción económica, Turismo e medio Ambiente.