A aula Cemit acollerá unha charla para incentivar as vocacións tecnolóxicas na adolescencia

26 / OUT / 2018

A aula Cemit acollerá unha charla para incentivar as vocacións tecnolóxicas na adolescencia

A aula Cemit do Concello de Sada, desde a Amtega (colaboradores da primeira edición da Mobile Week Coruña en colaboración co aliado dixital Everis, vai participar na actividade "E eu que podo ser de maior? Novos Perfís Dixitais" prevista para a tarde do o xoves 22 de novembro.

Trátase dunha charla presentación destinada a rapaces e rapazas (principalmente de 1º e 2º da ESO) para incentivar as vocacións tecnolóxicas e ensinar dos novos perfís dixitais máis demandados.

Máis información Mobile Week Coruña

Inscrición Gratuíta

 

TALLER: E EU QUE PODO SER DE MAIOR? NOVOS PERFÍS DIXITAIS 

Día: Xoves 22/11/2018 

Horario: 16:00-17:30 

Lugar: Aula CeMIT Sada. Praza da Pescadería s/n (Sada)

Prazas: 10

Mobile Week Coruña 

Mobile Week Coruña (MWeekCoruña), iniciativa impulsada por Mobile World Capital Barcelona, é un espazo aberto á reflexión sobre o impacto da transformación dixital na vida das persoas, a través de arte, ciencia e tecnoloxía. 

MWeekCoruña reúne a artistas, científicos, filósofos, enxeñeiros e profesionais da industria nunha iniciativa aberta para todos os cidadáns e difundida pola cidade. O futuro cotián é a temática do evento que se desenvolverá do 21 ao 28 de novembro de 2018 na Coruña co obxectivo de fomentar o debate e a participación da cidadanía en relación ao futuro cotián da sociedade actual. 

Durante unha semana, A Coruña e a súa área metropolitana serán o punto de encontro no que se analizará e debaterá, desde diferentes perspectivas, o cambio tecnolóxico social actual. 

Mobile Week Coruña expón unha programación transversal con actividades gratuítas que abordarán os retos, os límites e as oportunidades da transformación dixital, en espazos da cidade da Coruña e de concellos limítrofes ao longo dunha semana.