Actualidade

Filtrar

Sada abre o sábado 1 de xullo á Pía do Loureiro, a piscina das Cerámicas do Castro

Sada abre o sábado 1 de xullo á Pía do Loureiro, a piscina das Cerámicas do Castro

A instalación abrirá todos os días en horario de 12.00 a 20.00 nos meses de xullo, agosto e os quince primeiros días de setembro. O alcalde Benito Portela asinou o pasado ano un convenio co grupo Sargadelos para a utilización da piscina nos veráns de 2022 e 2023.


29 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
Sada congratúlase da decisión da Real Academia Galega de adicar o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta

Sada congratúlase da decisión da Real Academia Galega de adicar o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta

O pleno da corporación aprobara, de maneira unánime, unha moción presentada en marzo de 2022 polos grupos que conformaban o goberno municipal na que se solicitaba á RAG o adicar o Día das Letras Galegas á figura de Luisa Villalta. Para dar cumprimento ao acordo plenario, o alcalde Benito Portela e, as daquela concelleiras de Normalización Lingüística e Cultura, Marisa Rúa e Paola Mondaca, mantiñan unha xuntanza co presidente da Real Academia Galega na que lle trasladaban o acordo da corporación que hoxe se viu cumprido.


29 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
Sada acolle  a partir deste sábado duas exposicións con temática mariña como antesala do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Sada acolle a partir deste sábado duas exposicións con temática mariña como antesala do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

A mostra de pintura, de artistas de ARGA, estará na Sala da Cultura ‘Pintor Lloréns’ e a de fotografía, de Eduardo Rivo, na Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva, e ambas poderán visitarse de luns a venres polas mañás


29 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
SADA IMAXE DO SAN XOÁN GALEGO NA ORIXINAL CAMPAÑA DE ACEITES ABRIL

SADA IMAXE DO SAN XOÁN GALEGO NA ORIXINAL CAMPAÑA DE ACEITES ABRIL

A empresa ourensá alíase cos veciños de Sada e inicia unha campaña para pór en valor una das tradicións culinarias máis arraigadas en Galicia.


21 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia convoca unha cita informativa para empresarios, colectivos e asociacións de Sada

O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia convoca unha cita informativa para empresarios, colectivos e asociacións de Sada

A reunión será o mércores, día 21, na Sociedad Recreativa Cultural Deportiva, para presentar o evento, que se desenvolverá do 3 ao 6 de agosto na vila, e que prevé reunir un cento de embarcacións


20 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
SAN XOAN 2023

SAN XOAN 2023

Na noite do 23 de xuño autorízase a realizar lumaradas en espazos de titularidade pública no Concello de Sada. Para isto, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación por escrito a través do rexistro xeral antes do día 22 de xuño ás 14:00 horas. Así mesmo será de obrigado cumprimento a notificación daquelas cacharelas a realizar en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio.


19 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
ESCOLAS DE VERÁN SADA 2023

ESCOLAS DE VERÁN SADA 2023

A Concellaría de Educación, Xuventude, Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta concellaría da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, convócase a oferta das Escolas de Verán 2023.  O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.


06 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
 Sada realizará alfombras florais do Corpus Christi o 11 de xuño

Sada realizará alfombras florais do Corpus Christi o 11 de xuño

O Concello de Sada e a comunidade parroquial de Sada organizan as alfombras florais do Corpus Christi do 11 de xuño do 2023, coa colaboración e elaboración por parte da comunidade parroquial e veciños.


02 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
CURSO-TALLER INTENSIVO E EXPERIMENTAL: "ACOMPAÑANDO EMOCIONALMENTE A ADOLESCENCIA"

CURSO-TALLER INTENSIVO E EXPERIMENTAL: "ACOMPAÑANDO EMOCIONALMENTE A ADOLESCENCIA"

Se coas túas fillas e fillos cústache manter a calma e en ocasións crees que non tes ferramentas e enerxía para acompañarlles nos seus retos vitais. Se a miúdo hai situacións de distanciamento, desencontro, enfado e a comunicación familiar non flúe como antes. Se queres que o voso vínculo mellore e gustaríache vivir esta etapa con curiosidade e alegría: o Concello de Sada anímate a que participes neste curso-taller no que compartiremos con outras familias e desde un enfoque práctico e dinámico unha  nova forma de acompañar a súa adolescencia.


02 / XUN / 2023

COMPARTIR EN:
SÁBADO 27 DE MAIO - ANIMACIÓN Á LECTURA CON CANS NA BIBLIOTECA

SÁBADO 27 DE MAIO - ANIMACIÓN Á LECTURA CON CANS NA BIBLIOTECA

O programa de animación á lectura con cans, para nenas e nenos de 6 a 11 anos, volve á Biblioteca Municipal o sábado 27 de maio en dous turnos: de 10.30 á 11:30 horas e de 11:30 a 12:30 horas


23 / MAI / 2023

COMPARTIR EN:
OBRADOIRO DE VESTIARIO MODERNISTA

OBRADOIRO DE VESTIARIO MODERNISTA

A Concellería de Cultura programa un obradoiro de vestiarios y complementos modernistas para a veciñanza de Sada


20 / MAI / 2023

COMPARTIR EN:
PISCINA MUNICIPAL - PAGO DE ABONOS

PISCINA MUNICIPAL - PAGO DE ABONOS

O Servizo Municipal de Deportes abre o prazo de pago dos abonos da piscina municipal. O pago realizarase a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Sada. Ademáis no control de acceso á piscina informarase e axudarase ás personas que o necesiten na na realización do trámite.


09 / MAI / 2023

COMPARTIR EN: