25N

PROGRAMA ACTOS 25N EN SADA

Ademais da campaña deste ano enfocada na mocidade á concelleria de Benestar Social e Igualdade programa un acto de lectura de manifesto o venres 24 de novembro ás 18:00. O acto tera lugar na Praza de San Roque e se as condicións meteoroloxicas non son favorables na Capela. O acto conta coa colaboraicón da Rede Feminista Sadense e a Escola de Danza Carmen López

Continuará a programación o mesmo venres ás 19:30 no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns coa representación da obra de teatro “A luz do día, nalgún lugar do mundo a alguna muller”

O sábado 25 o Concello de Sada anima á veciñanza a participar na X edicion da  Andaina en Contra da Violencia de xénero  organizada polos concellos que compoñen o Consorcio As Mariñas.

 

A MOCIDADE DE SADA PROTAGONISTA DA CAMPAÑA DO CONCELLO DE SADA NO 25N

O Concello de Sada está a desenvolver unha campaña para a celebración 25N que ten como protagonista á mocidade dándolle visibilidade ás banderias vermellas e á violencia nas redes sociais.

Dende as concellerías de Igualdade e Benestar, de Educación e Xuventude, e de Promoción Económica estase a realizar esta campaña que ten coma obxectivo concienciar da importancia que ten o bo uso das redes sociais asi como a sensibilización da mocidade e as súas familias na prevención de acción tipificadas como banderias vermellas.

Exemplos como difusión de imaxes sen consentimento, ameazas ou difamacións, do mesmo modo que exercer control mediante as redes sociais, son accións habituais exercidas na súa maioría contra as mulleres vulnerando así os seus dereitos a traves da internet.

Nesta proposta, unha rede dun barco pesqueiro de Sada é a protagonista na que o alumnado está a escribir respostas ou opinións sobre preguntas formuladas, cuxo obxectivo é facerlles reflexionar acerca das chamadas “red flags” ou o uso que lle dan  as redes sociais e poder identificar se están sufrindo algún tipo de violencia por parte das súas parellas ou compañeiros.

Buscando a participación da mocidade, varias das respostas e reflexions serán a voz desta campaña, na búsqueda de concienciación da poboación no uso responsable e seguro das novas tecnoloxías en especial do control sobre as mulleres e das actitudes que se consideran bandeiras vermellas. Desde ás areas de Igualdade, de Educación e de Promoción Económica  elaborárase cartelería coas frases escritas pola mocidade que estará exposta nos comercios participantes na campaña do 25N.