13 / OUT / 2024
DOMINGO 13 OUTUBRO. ORGANIZA CONCELLO DE SADA E CLUB ATLETISMO SADA
INSCRICIÓNS
REGULAMENTO CARREIRA AUGA
LUGAR DE SAÍDA:
- Paseo Marítimo xunto a Casa da Cultura Pintor Llorents, Sada
CARREIRAS:
- Carreira 10 km(Sub 23 en adiante)
- Competicións para nenos de diferentes distancias (biberóns - sub20)
- Andaina longa 11 km.
- Andaina curta 3 km aprox.
Esta carreira forma parte do X Circuíto de Carreiras populares da Deputación Provincial Da Coruña e como tal réxese polo regulamento do circuíto, que podedes ver neste enlace e está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
INSCRICIÓNS:
- As inscricións realizaranse exclusivamente aquí. Por tratarse dunha carreira solidaria en beneficio de Unicef, as inscricións terán un donativo que será integramente para UNICEF.
- Ademais de forma voluntaria, existe a posibilidade de facer donativos adicionais a partir de 1€ e sen límite, sempre a favor da causa de UNICEF.
AVITUALLAMENTO E DUCHAS:
- A metade de percorrido, no km 5 aproximadamente haberá un posto de avituallamento onde se repartirán augas.
- Ao finalizar a proba dispoñerase de duchas no pavillón municipal de Sada.
CONTROL DE CHEGADA:
- A proba será controlada pola Federación Galega de Atletismo. A cronometraxe correrá a cargo da Empresa ChampionChipNorte.
- O atleta deberá colocar o chip no nocello ou zapatilla e o dorsal visible na parte dianteira da camiseta. A incorrecta colocación ou a perda dos mesmos no transcurso da carreira implica o non rexistro no sistema á chegada, e por tanto a exclusión da clasificación final.
- Non se admiten reclamacións de corredores que entrasen en meta sen o chip ou dorsal.
- Todas as persoas inscritas na proba deberán devolver o chip alugado ao finalizar a mesma. A non devolución implica o pago do mesmo, 20 euros.
- Ao longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos, estando autorizados para retirar a calquera corredor que cometa algunha irregularidade ou desobediencia aos voluntarios encargados do control da proba.
TROFEOS E PREMIOS:
- Recibirán medalla todos os nenos participantes nas categorías biberón. De Sub8 en diante os primeiros clasificados recibirán un magnífico trofeo de cerámica deseño de Cerámicas Sargadelos, e os segundos e terceiros recibirán medalla.
- Haberá trofeo/medalla para os 3 primeiros clasificados absolutos da carreira de 10 km masculino e feminino. Así como para os primeiros clasificados por equipos na carreira de 10km.Os equipos estarán compostos por un mínimo de una muller e un home. A clasificación realizarase coa suma dos 4 tempos.Recibirán trofeo/medallas os primeiros clasificados do municipio de Sada, masculino e feminino.
- Os trofeos non son acumulativos, excepto o dos primeiros de Sada.
- Será obrigatorio acudir a ceremonia de premiación para obter o premio.