A concellería de Benestar Social e Igualdade programará as actividades de de ximnasia terapéutica, ioga, tai-chi, reforzó da memoria, pintura e restauración pola súa parte a concellería de Promoción da Saúde programará pilares, ioga e zumba nas casas do pobo
ACCESO ÁS LICITACIÓNS DAS ACTIVIDADES PARA MAIORES 55 ANOS E DAS ACTIVIDADES NAS PARROQUIAS
O Concello de Sada ven de publicar a licitación das actividades sociais para maiores de 55 anos, de envellecemento activo, para o ano 2022 por un importe total de 26.235,72 euros e coa posibilidade de prorrogar por outro ano máis. Ademáis tamén licita a contratación do servizo actividades pilates, ioga e zumba en todas as parroquias do municipio por valor de 37.887 euros por dous anos, tamén con posibilidade de prorrogar por outro ano máis
ENVELLECEMENTO ACTIVO MAIORES 55 ANOS.
O obxeto desta licitación é a contratación dun conxunto de actividades de participación e dinamización social e de fomento do envellemento suadable e prevención da dependencia dirixido as persoas maiores de cincuenta e cinco anos, tendo prioridade as persoas empadroadas e con residencia no concello de Sada. Tamén poderán participar persoas que, sin ter 55 anos, teñan o certificado oficial de minusvalía e informe médico de idoneidade de realización da actividade.
As actividades a de desenvolver pola empresa adxudicataria cun total de 1152 horas son:
MANTEMENTO FÍSICO E DA SAÚDE: 720 horas
- Obradoiro de Ximnasia Terapéutica a impartir no local social de Riobao. Nº horas a semana: 8 h. Número de prazas: 60. Catro grupos.
- Obradoiro de Ioga: a impartir no local social de Riobao. Número de horas á semana: 6 h. Número de prazas: 45. Tres grupos.
- Obradoiro de Tai-chi a impartir no local social de Riobao. Nº horas a semana: 6 h. Número de prazas: 45. Tres grupos.
ESTIMULACIÓN COGNITIVA: 216 horas
- Obradoiro de reforzo de memoria. A impartir no local anexo aos servizos sociais comunitarios. Nº horas a semana: 6 h. Número de prazas: 45. Tres grupos.
FORMACIÓN E CREATIVIDADE: 216 horas
- Obradoiro de Pintura a impartir no local social de Riobao. Nº horas a semana: 4 h. Número de prazas: 30. Dous grupos.
- Obradoiro de Restauración a impartir no local social de Riobao. Nº horas a semana: 2 h. Número de prazas: 15. Un grupo
A empresa adxudicataria, previa demanda dos servizos sociais comunitarios, poderá organizar para incluír na calendarización global outras actividades e talleres, gratuitos, que desenvolven outros axentes sociais (entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro) e/ou institucionais (administración pública): charlas de seguridade, de saúde, de nutrición.
Do mesmo xeito realizará unha actividade anual de clausura: lúdico-festiva. Ao remate de cada tempada, en coordinación e baixo a supervisión da técnica municipal, organizará o desenvolvemento dunha xornada lúdico-festiva a través da exposición dos traballos desenvolvidos polos/as alumnos/as, así como unha saída cultural a algún lugar de interese da provincia ou fora desta, e que contemplará a gratuidade do transporte para os participantes, así como o acompañamento.
ACTIVIDADES NAS PARROQUIAS
O obxectivo xeral das actividades, é o de facilitar unha alternativa hixiénica-saudable para os veciños e veciñas de Sada, maiores de idade ou de entre 16 e 18 anos.
Dentro dos obxetivos que se persegue está fomentar a vida activa en todo o Concello, promover hábitos saudables para a cidadanía, educar no referido ao esquema corporal, fomentar as relacións sociais durante a práctica de exercicio físico, motivar aos participantes de cara a unha maior inversión do seu tempo en actividade física ou desenvolver e perfeccionar a psicomotricidade do individuo.
As actividades que se levarán a cabo será Ioga, Zumba e Pilares e terán lugar nos centros cívicos de titularidade municipal, ou nalgún caso noutra instalación municipal polas necesidades do servizo,
O contratista adxudicatario organizará os servizos segundo as características específicas das actividades de Pilates, Ioga e Zumba, nas que primen a boa atención ao participante, os coñecementos e formación dos monitores, a dinámica de grupo, coa adaptación das mesmas á idade e educación corporal dos/as participantes, promovendo os valores reais dunha práctica saudable e hixiénica.
Para a programación destas actividades terase en conta que o seu desenvolvemento se realizará nos centros cívicos, espazos e instalacións municipais pechadas, ou ao aire libre se fose o caso. Estímase que se realizarán 32 sesións semanais de unha hora de duración cada sesión, cun tempo efectivo non inferior a 50 minutos de práctica. Considérase un máximo de 220 inscricións, debido a que existen limitacións de aforo nas bases dependendo da actividade.
As persoas participantes serán maiores de 18 anos, ou de entre 16 e 18 anos coa autorización do seu pai, nai ou titor legal. A empresa adxudicataria terá en consideración o número de participantes inscritos para cada quenda para a contratación do persoal, sen damnificar os horarios xa establecidos para as actividades.
PRAZOS
As empresas interesadas terán de prazo para presentar as súas ofertas ata o 20 de decembro no caso das actividades das parroquias e ata o 21 de decembro nas actividades sociais para maiores de 55 anos.