Sada Espazo Seguro

O Concello de Sada, a través da Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, presenta a campaña “Sada, espazo seguro” para apoiar a reactivación do comercio e hostalaría local e recoñecer o esforzo do tecido empresarial sadense nos protocolos de seguridade polo Covid-19.

 

Actualidade

ROTEIRO GASTRONÓMICO “ENTROIDO DE TAPAS 2023”

03 / FEB / 2023

A Concellería de Cultura, Comercio e Turismo convoca o “Roteiro gastronómico do Entroido de Tapas” un certame gastronómico centrado na exaltación dos produtos locais e de tempada través de diversas elaboracións nos formatos de tapa, menú, prato ou ben outras propostas (sobremesas e elaboracións tradicionais, cócteles, etc.) para poñer en valor produtos gastronómicos de proximidade,que se relacionan directamente co tecido extractivo e agrícola local, de tempada ou con vinculación coa nosa memoria histórica como vila.

COMPARTIR EN:

NAMÓRATE MERCANDO EN SADA

31 / ENE / 2023

A concellería de Cultura, Turismo e Comercio organiza o sorteos que acompañarán á Campaña de promoción das compras no comercio local «San Valentín en Sada», que comezará o día 6 de febreiro e rematará o 14 de febreiro de 2023, día de San Valentín.

COMPARTIR EN:

CONCURSO DE DISFRACES SADA ENTROIDO 2023

31 / ENE / 2023

Para celebrar o Entroido en Sada a Concellería de Cultura, Comercio e Turismo organiza un concurso de disfraces o sábado 25 de febreiro.

COMPARTIR EN:

PREMIOS POSTAIS NADAL 2022

18 / DEC / 2022

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego convocou o concurso de postais de Nadal co obxectivo principal o fomento da interrelación da comunidade escolar, tecido comercial e veciñanza de Sada e o fomento do galego nestos eidos a través da elaboración de postais de Nadal.

COMPARTIR EN:

Campaña de promoción do comercio local no Nadal: "...Merca en Sada, Merca Local"

09 / DEC / 2022

“Merca en Sada, Merca Local", é a campaña para potenciar o comercio local, promovida pola Concellería de Cultura, Comercio e Turismo, pola que as persoas que merquen nos comercios do municipio poderán gañar cestas, valoradas en 200€, e un premio de 500€. Os sorteos das cestas poderán seguirse nas redes sociais do Concello de Sada os días 16, 23 e 30 de decembro e o sorteo dos 500€ o 4 de xaneiro.

COMPARTIR EN:

Sada programa un Nadal cheo de actividades e promo...ción do comercio local

07 / DEC / 2022

O acendido do Nadal terá lugar o luns 12 de decembro a partir das 18:00 na praza de San Roque e Linares Rivas. A campaña “Merca en Sada, Merca Local” sorteará os días 16, 23 e 30 de decembro tres cestas valoradas en 200€ e o 4 de xaneiro un premio de 500€.

COMPARTIR EN:

O PMUS humaniza as principales avenidas do centro... de Sada

11 / NOV / 2022

O equipo redactor entrega o documento, que expón crear plataformas compartidas e gañar espazo para os peóns nas avenidas Barrié de la Maza e A Mariña, na praza Igrexa Nova ou na Rúa dá Praia

COMPARTIR EN:

Sada reclama ao Estado e á Xunta unha reunión para... abordar o futuro de A Terraza

09 / NOV / 2022

O Alcalde de Sada, Benito Portela, ven de remitir sendas misivas á Dirección General de la Costa y el Mar e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural nas que demanda unha xuntanza entre as distintas administracións para definir a execución dun Plan Director de rehabilitación do edificio de A Terraza de Sada.

COMPARTIR EN:

Subvencións municipais para actividades culturais... ano 2022

02 / NOV / 2022

A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada na data do 20 de outubro de 2022 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar a convocatoria de subvencións municipais destinada a asociacións culturais do termo municipal para organizar actividades culturais no ano 2022,

COMPARTIR EN:

Subvencións municipais a entidades organizadoras d...as festas patronais parroquiais para o ano 2022

02 / NOV / 2022

A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada na data do 20 de outubro de 2022 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar a convocatoria de subvencións municipais a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais no Concello de Sada para o ano 2022, a

COMPARTIR EN:

Subvencións a entidades organizadoras de festas pa...tronais parroquiais para contratar orquestras no ano 2022

02 / NOV / 2022

A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada na data do 20 de outubro de 2022 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar a convocatoria de subvencións municipais para entidades organizadoras de festas patronais e populares no Concello de Sada para a contratación de orquestras, vinculada á concesión definitiva da axuda provincial PEL-CONCELLOS-OV no ano 2022.

COMPARTIR EN:

LUZ VERDE Á AMPLIACIÓN DA DEPURADORA DE SADA CON 1...0,3 MILLÓNS DE EUROS

28 / OUT / 2022

A nova depuradora de Sada quedará dimensionada para atender as necesidades dunha poboación de 24.393 habitantes no ano horizonte 2044 e unha achega industrial de 6.070 habitantes equivalentes. O alcalde de Sada, Benito Portela, agadeceu a Augas de Galicia a súa disposición para aceptar a proposta do goberno municipal para abordar a financiación da ampliación da EDAR de Sada coa fin de adecuar a súa capacidade de tratamento as necesidades actuais do sistema de saneamento así como agradeceu  aos técnicos do ente autonómico e do Concello de Sada polo gran traballo realizado na redacción do anteproxecto. Portela celebrou a consecución desta actuación que permitirá "solucionar o saneamento de augas residuais". O rexedor manifestou o seu desexo de que as obras poidan comezar canto antes dado o aumento da poboación que está a experimentar o Concello de Sada nos últimos anos”.

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS