A Feira Sada Comercio, organizase para promover o comercio local e o consumo de proximidade no Concello de Sada. As bases regularán o procedemento de inscrición e de solicitude de autorización para ocupar un posto de venta nesta edición da Feira que terá lugar o 4 e 5 de marzo do 2023.
Aprobación da concesión de postos na Feira de oportunidades Sada Comercio 2023-4-5 marzo
Queda vacante o puesto dirixido ao sector de hostelería para ofrecer un servicio de bar. Polo tanto se convoca un novo prazo para este posto vacante, ata o xoves 2 de marzo
ANEXO II - SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN DE ESTABLECEMENTO DE HOSTALERÍA NA FEIRA DE OPORTUNIDADES SADA COMERCIO 2023:
BASES SADA COMERCIO 2023
ANEXO I - SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN DO COMERCIO LOCAL NA FEIRA DE OPORTUNIDADES SADA COMERCIO 2023:
DECRETO CONVOCATORIA SADA COMERCIO
Sada Comercio organizarase no interior dunha carpa que se instalará na praza do edificio modernista La Terraza, por tratarse dun espazo público, céntrico, amplo e accesible. Na carpa instalaranse ata un máximo de 20 postos: 19 deles destinados ao comercio polo miúdo, con venta de mercadorías por parte de comercios de Sada; 1 posto destinado á hostalaría local, coa finalidade de ofrecer un servizo de bar ás persoas usuarias da Feira.
Para completar a oferta de servizos da Feira, a Concellería de Comercio poderá contratar un servizo de ludoteca ou servizos de interpretación artística, para facer máis amena a estancia das persoas usuarias e potenciar unha maior participación pública.
Sada Comercio celebrarase os días 4 e 5 de marzo de 2023.
CALES SON AS DESTINATARIAS DESTA PROPOSTA?
COMERCIO DE PROXIMIDADE – POSTOS DE VENTA:
A Feira de oportunidades Sada Comercio 2023 vai dirixido ao conxunto do sector do comercio do Concello de Sada, independentemente do seu ámbito de venta, para cumprir co obxecto e finalidade da proposta. Poderá solicitar un dos 19 postos dispoñibles calquera establecemento comercial con sede social no Concello de Sada.
O prazo de solicitude iniciará ás 00:00h do día seguinte ao da publicación destas bases na páxina web municipal (www.sada.gal) e rematará o 26 de febreiro de 2023.
HOSTALARÍA DE PROXIMIDADE - SERVIZO DE BAR:
A Feira de oportunidades Sada Comercio 2023 tamén se dirixe ao conxunto do sector da hostalaría do Concello de Sada: reservarase un dos postos dispoñibles na carpa para ofrecer un servizo de bar. Esta proposta vai dirixida ao conxunto do sector da hostalaría do Concello de Sada e ten como intención cumprir co obxecto e finalidade da proposta expresada no punto 1 das bases reguladoras.
Con esta oferta pretendemos conseguir que o espazo da feira sexa máis cómodo e acolledor, así como completar a mensaxe de promoción do comercio de proximidade incluíndo tamén á hostalaría local.
O prazo de solicitude para o posto do servizo de bar iniciará ás 00:00h do día seguinte ao da publicación destas bases na páxina web municipal (www.sada.gal) e rematará o 26 de febreiro de 2023.
COMO INSCRIBIR A UN ESTABLECEMENTO E DE QUE PRAZO DISPOÑO?
Para inscribirse haberá que facer o seguinte:
- Os comercios interesados deberán presentar no Rexistro Municipal (sede.sada.gal) o ANEXO I, coa documentación que se sinala.
- Os establecementos de hostalaría interesados no servizo de bar deberán presentar no Rexistro Municipal o ANEXO II, coa documentación correspondente.
- Se algunha solicitude estivese incompleta, a persoa interesada será requirida para emendala, concedéndolle un prazo máximo de 2 días para facelo. No caso de non completala no prazo límite establecido, entenderase que se desiste da solicitude de participación.
A forma de presentación das inscricións poderá realizarse de forma telemática ou ben presencial, segundo establece o artigo 14 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: − No caso das persoas xurídicas (empresas, entidades…), a presentación da inscrición deberá ser telemática a través do Rexistro Electrónico Municipal
As persoas físicas (autónomas/os) poderán optar por presentar as inscricións tamén de xeito telemático (sede.sada.gal) ou ben, se o prefiren, de xeito presencial na oficina do Rexistro Municipal (horario de 9:00 a 14:00h).