Desde as áreas da Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego traballamos coordinadamente co obxectivo de facer de Sada un municipio máis sostíbel e atractivo elaborando estratexias e instrumentos de apoio ás persoas que forman o tecido comercial e empresarial da vila.
Os principais esforzos céntanse no fomento dun mercado de traballo local estable a través da capacitación das persoas en coñecementos, habilidades e actitudes. Levamos a cabo diferentes acción como o apoio á empresa, o emprendemento e o emprego potenciando a súa diversificación e responsabilidade social desde o fomento da economía cooperativa, social e solidaria. Co mesmo obxectivo realizamos accións de dinamización das actividades económicas de proximidade, reforzando os principais sectores económicos da vila como son o Comercio e a Hostalaría e promocionamos Sada como un destino sostible e quen de xerar posibilidades.
![]() |
Laura Rodríguez PenaConcelleira |