A promoción da saúde considérase fundamental e imprescindible nos nosos veciños para alongar o seu “camiño” e facelo dunha maneira activa. Debemos fortalecer as bases deste camiño co desenvolvemento dun plan que promulgue un método de vida saudable para todos e todas. Un plan na busca dun exemplo, dunha dirección que seguir nese longo percorrido.
Traballaremos pola transversalidade, que percorra o noso municipio por completo, para proporcionarlles a todos os nosos veciños e veciñas as mesmas oportunidades e actividades, coa finalidade de dotar dun proxecto global e común a todos.
Do mesmo xeito, impulsaremos unha área esquecida hoxe en día na sociedade, pero que resulta imprescindible nese camiño que comezamos xuntos: o voluntariado. Necesitamos dotar o noso pobo, independentemente da súa idade, das facilidades para a integración neste corpo solidario, propulsando que a nosa xente nova goce das mesmas oportunidades para a súa experiencia laboral, cultural, social e, sobre todo, vital, e ofrecendo proxectos para o seu desenvolvemento persoal.
![]() |
Breogán Blanco GonzálezConcelleiro |