PROGRAMA ACTIVIDADES MAIO 2022

01 / MAI / 2022

PROGRAMA ACTIVIDADES MAIO 2022

Música, presentacións literarias, festivais, food.trucks, Día das Letras Galegas, teatro... e moito máis é o que te ofrece o Concello de Sada no mes de maio.

PROGRAMA:

 

Xoves 5

Presentación literaria: Encontro con Xurxo Mares.

Capela de San Roque. 20h

O autor ven con seus libros e cancións a falar e cantar dun mundo que foi e que xan non é. Décadas de vida que relata en “Donde se vive” e “Bailando el agua”.

 

Venres 6

Teatro infantil. A nova historia da cigarra e a Formiga.

Teatro Andamio​. Auditorio Casa da Cultura. 18:30h. Entradas á venda a partir do luns 2 de maio. De 4 a 9 anos.

Sinopsis:

Quen non coñece a historia da Cigarra e a Formiga? A fábula de sempre, a da cigarra vaga e a formiga traballadora. Pero hoxe imos a contarlles A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga a que empezou unha noite de tormenta que fixo que todo cambiara ... Cambiou a vida da formiga que vive na saída de emerxencia do seu formigueiro e de paso, coida as flores, pero tamén canta as cancións que inventa no seu tempo libre ... Cambiou a vida de Cigarra, que chega ao fermoso outeiro despois de vagar durante moito tempo buscando un lugar mellor para vivir... en paz ... Unha convivencia que non vai ser doada dende o primeiro momento. Esta historia fala do medo. Do medo a todo iso que non coñecemos, pero que tanto mellora as nosas vidas se somos quen de descobrilas. Máis información

 

Sábado 7

Aprende a ler con Nora.

Biblioteca infantil da Casa da Cultura. 10:30 a 12:30 . Edad recomendada 6-11 anos. Programa de lectura con cans dirixido a nenas/os de 5 a 11 anos, Prazas limitadas.

A actividade realizarase en dous turnos de seis nen@s cada un. 

 

Concerto coral de primavera de A Lembranza de Sada.

Auditorio Casa Cultura Pintor Lloréns. 20h.

Concerto de primavera de A lembranza de Sada e as súas invitadas: coral Santa María de Cambre e a Coral San Roque de Vigo.

Entrada libre. Apertura de portas: 19:45h

 

Touliña Pop.

Carpa na Praza Suárez Picallo e rúas de Sada

A Asociación Cultural Touliña Pop coa colaboración do concello de Sada programa este festival dedicado á cultura Rock & Roll , Soul, Garage, Punk e Power Pop.

Sesión vermú no Porto de Sada.

Touliña Pop na Praia. Rúa da praia.

Festival Touliña - A partir das 22:00 h na carpa na Praza Suárez Picallo:

Luns 9

Clube de lectura - online adultos. 18:30h. Máis información 

 

Xoves 12

Presentación literaria.

Capela de San Roque. 20h.

O voo da Curuxa. Unha tarde con dona Emilia no Pazo de Meirás.

Banda deseñada. Inacio e Iván Suárez.

Entrada libre

 

Venres 13.

Festival MEIGALLO.

Carpa Suárez Picallo.

A Asociación de músicos Tío Phill de Sada coa colaboración do concello de Sada programa este festival dedicado á cultura Hard Rock.

Dende as 20h: Graxa, Al final solo habrá cenizas, Sickeeper, Strikeback e Hamlet.

 

Sábado 14.

Presentación literaria.

"Golpes de Luz" de Ledicia Costas, presenta Monste Pena.

Capela de San Roque. 12:00h

Entrada libre

 

Concerto coral de primavera do Coro Galego Santa Comba de Veigue.

Auditorio Casa Cultura Pintor Lloréns. 20h.

Concerto de primavera do coro Galego Santa Comba de Veigue e corais invitadas.

Entrada libre. Apertura de portas: 19:45h

 

Luns 16.

Concerto Día Das Letras.

Xurxo Fernándes. “Levaino e Pandereteiras Sen Fronteiros”.

Carpa Suárez Picallo - 22:00h

O músico e investigador Xurxo Fernandes aúna en Levaino! as dúas vertentes creativas que conforman a súa traxectoria. Por unha banda, a do recoñecido etnógrafo da música de tradición oral galega, da que beben proxectos artísticos como Radio Cos. Pola outra, a do entusiasta intérprete da música urbana dos xudeus do Imperio Otomano.Levaino! é un revelador xogo de espellos no que Galicia e Oriente.

 

Martes 17 - Día das Letras Galegas

Florencio Delgado Gurriarán. Contacontos pola tradición.

Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns - 11:00h.

Trémola Teatro. Contacontos centrado na obra e Vida de Florencio Delgado Gurriarán. A través da súa vida coñeceremos os seus poemas. Unha viaxe que nos axudará a comprender un pouco máis a nosa tradición, facendo paralelismos coa actualidade na que estamos vivindo.

Edade recomendada: 6-10 anos.

Entrada libre.

 

Festival Día das Letras Galega

Carpa na praza Suárez Picallo - 12:00h

Teatro, música e danza, para festexar as Letras Galegas.

A Escola Municipal de Teatro de Sada interpretará “Flores para Florencio” en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, acompañada da Banda Municipal de Sada. Logo, a Banda deleitaranos co concierto das Letras xunto coa asociación de música tradicional Queiroa.

Entrada libre.

 

Venres 20.

Teatro infantil. A formiga Icía.

Compañía La Fiesta Escénica. Auditorio Casa da Cultura. 18:30h. Entradas á venda a partir do luns 16 de maio.

Sinopsis:

Unha obra de teatro para nenas e nenos co encanto dun conto ilustrado. Parece coma se as páxinas dun fermoso e colorido libro tornáronse tridimensionales.

A protagonista, unha formiga que non quere traballar, aprenderá moito sobre a amizade, o egoísmo, a lealdade, a tolerancia, o perdón e a reconciliación. Aprenderá sobre a responsabilidade cara aos dereitos dos demais grazas á dilixente mariquita, a laboriosa araña, o enxeñoso abellón, o tenro verme e mesmo ao irresponsable e egoísta grilo. Claro que todo isto ocorre mentres xoga, experimenta, discute e divírtese moito. Ela vive sen demasiadas penas as súas aventuras e o regreso ao formigueiro non é unha derrota, senón unha nova comprensión da realidade.

 

Obradoiro de cómic e banda deseñada con Santy Rodríguez.

Biblioteca Municipal de Sada. 18:30h

Neste obradoiro, a rapazada aprenderá recursos da linguaxe do cómic facendo a sua própia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á sua vida que lles axudará a comunicarse, contando as suas propias historias nas que verquir as suas propias inquedanzas e intereses."

Prazas limitadas con inscrición previa. Máis información: actividadesbibliotecadesada@gmail.com

Edade recomendada: 9-14 anos.

 

Sábado 21.

Contacontos polo Día da Diversidade.

Capela de San Roque. 12:00h

Diferentes Diferenzas. Co Silvia Penide, contos e cancións e Natalia Navaza, interprete de signos.

“Todos somos taaaan diferentes… e os protagonistas desde tlibro taaaaan divertidos. E vós, como sodes? Libro sobre a importancia do respeto ás diversidades.

Entrada libre.

 

Concerto coral de primavera da Coral Polifónica San Martín de Meirás.

Auditorio Casa Cultura Pintor Lloréns. 20h.

Concerto de primavera da Coral Polifónica San Martín de Meiras e as corais invitadas: Rondalla Estrelecer do Círculo Mercantil Industrial Unidad de Fene, e Coral Polifónica de Casa del Mar (Coruña).

Entrada libre. Apertura de portas: 19:45h

 

Venres 20, sábado 21 e domingo 22.

Festival Food Trucks Sada.

Comida sobre rodas. Carpa na Praza Suárez Picallo.

Feira de establecementos de comida móbil

 

Venres 28

Cine Mocidade

Auditorio Casa Cultura Pintor Lloréns – 20:00h

Godzilla vs Kong.

Entrada libre

 

Domingo 29.

Festival Teatro Interconcellos.

Ciclo Marusía Escénica As Mariñas - Bergantiños.

Auditorio Casa da Cultura Pintor Lloréns. A partir das 12:00h

Intercambio teatral entre os concellos de Bergondo, Carballo, Oleiros e Sada.

Todos os públicos.

-12.00 – Escola de Teatro Municipal de Oleiros

-18.00 – Escola de Teatro Municipal de Sada

-20.00 – Asociación Cultural Catro Gatos Teatro de Bergondo

Arquivado en