Praia en contorno semiurbano en forma de concha, de area branca e grosa. Ventosa (apta para a práctica da vela), con augas tranquilas. Ideal para gozar do sol en familia, da praia e dos deportes náuticos en xeral (mergullo, submarinismo, etc.). Destaca polas súas vistas ás bateas de mexillóns do porto de Lorbé.
Nas súas inmediacións o visitante atopará dous cámpings que hai en Sada.
Lonxitude (metros): 280 | Ocupación tempada estival: Alta | Tipo: Praia resgardada | Tipo de area: Fina
Desde capital municipal, estrada AC-173, Sada-Mera, pasar a vila de Veigue, desvío á dereita, nas inmediacións á praia.
Accesibilidade: Inmediacións: autobús. Recurso: coche, peonil, barco.
Aparcadoiro, papeleiras, servizos w.c., pasarelas, duchas, lavapés.
A Coruña : 17 Km | Ferrol : 37 Km | Santiago de Compostela : 67 Km | Lugo : 83 Km | Ourense : 148 Km | Pontevedra : 126 Km | Vigo : 160 Km |
Aeroporto : 9 Km | Estación de tren : 17 Km