Praia de Arnela

Localización

 Como chegar


Praia en contorno rural, virxe, illada, en forma rectilínea, de area branca e fina. Esta praia sitúase entre Lobos e Armenteiro, de características moi similares, illadas, con rocas e escaseza de area. Ventosa, con augas tranquilas. Ideal para gozar do sol, da praia e dos deportes náuticos en xeral (mergullo, submarinismo, etc.) nunha zona illada e pouco masificada.

Zona de fondeo de embarcacións.

Características

Lonxitude (metros): 175 | Ocupación tempada estival: Baixa | Tipo: Praia resgardada | Tipo de area: Fina

Acceso

Desde a capital municipal, estrada AC-163, Sada-Mera, camiño vecinal á dereita, ata a praia.

A través da ruta de sendeirismo "Costa Doce", que comeza no barrio mariñeiro de Fontán e que leva directamente á baixada á praia.

Accesibilidade: Inmediacións: coche, autobús interurbano a 4 km, peonal. Recurso: peonal, barco.

Distancia a cidades

A Coruña : 17 Km | Ferrol : 37 Km | Santiago de Compostela : 67 Km | Lugo : 83 Km | Ourense : 148 Km | Pontevedra : 126 Km | Vigo : 160 Km |

Distancia medios de transporte

Estación de autobuses : 17 Km | Aeroporto : 7 Km | Estación de tren : 17 Km