Praia das Delicias

Localización

 Como chegar


Praia en contorno urbano en forma rectilínea, de area branca e fina. Ventosa e ideal para a práctica de windsurf (150 m de límite permitido para a práctica), esquí náutico (150m), vela (150m), motonáutica (150m) e surf (150m); con augas tranquilas. Próxima ao núcleo urbano de Sada. Ideal para gozar do sol, da praia e dos deportes náuticos en xeral.

Comeza na desembocadura do río Maior e finaliza xunto ao Curruncho, un merendeiro ideal para comer e descansar na praia.

As terrazas atópanse ao longo de toda a praia e conta con dous parques infantís.

A praia límpase diariamente nos meses de verán e conta nas súas proximidades con hostais, pensións, numerosos restaurantes.

A menos de 100 metros localízase unha parada de bus e unha parada de taxis.

Acceso

Está no núcleo urbano.

Accesibilidade: coche, autobús, barco, peonil.

Servizos

Aparcadoiro, duchas, servicios w.c., pasarelas, lavapés, acceso para discapacitados e servizo de socorrismo.

Distancia a cidades

A Coruña : 17 Km | Ferrol : 37 Km | Santiago de Compostela : 67 Km | Lugo : 83 Km | Ourense : 148 Km | Pontevedra : 126 Km | Vigo : 160 Km |

Distancia medios de transporte

Aeroporto : 7 Km | Estación de tren : 17 Km