Medio Ambiente e Normalización Lingüística

Que facemos

Dende esta Concellaría somos conscientes de que será necesario un compromiso de todo o territorio para facer de Sada un municipio máis sustentábel e resiliente onde se garanta unha alta calidade de vida e o benestar dos seus habitantes. É o noso labor promover , mediante accións de carácter transversal, un cambio de modelo na xestión ambiental. 

Asemade, dende a área de normalización temos pendente aínda que o uso do galego, lingua propia do noso país, realícese con normalidade en todos os ámbitos. Conseguir a súa normalización é unha obriga legal dos poderes públicos e das administracións, pero ademais, ao se tratar dun proceso social que implica a toda a sociedade, a administración local ten a responsabilidade de traballar por ela e promovela.

Marisa Rúa

Marisa Rúa

Concelleira

981 902 179 (ext 108) 
marisa.rua@sada.gal


Nesta sección atoparás