INSCRICIÓN COMEDORES ESCOLARES

28 / SEP / 2021

INSCRICIÓN COMEDORES ESCOLARES

O SERVIZO DE COMEDOR COMEZA O XOVES 9 DE SETEMBRO E O SERVIZO DE MADRUGADORES O VENRES 10 DE SETEMBRO

Preguntas ou cuestións sobre o servizo de comedor

  • As autorizacións para a recollida dos nenos e nenas deixaranas as nais ou pais á coordinadora dos monitores e monitoras durante estes primeiros días. Pódeno facer xa á hora da entrada, pois estará alí para atender ao servizo de madrugadores, ou ben cando os recollan do servizo de comedor
  • Se alguén agora mesmo non precisa que outra persoa ou persoas recolla aos nenos e nenas, e cambia a súa situación ao longo do curso, en calquera momento pode presentar a autorización que achegará do mesmo xeito.
  • É importante que acheguen as fotocopias dos dni, tanto dos responsables dos nenos e nenas como de as persoas que vostedes autoricen.
  • En relación ao cobro mensual dos menús, achegaremos nos vindeiros días a información detallada ao respecto, pois estanse a determinar as bonificacións establecidas. Os recibos serán pasados pola propia empresa responsable do comedor, pero se existise calquera dúbida ou incidencia ao respecto, diríxanxe ao Concello para aclarala.
  •  

MENÚS COMEDOR E MADRUGADORES

CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA DE MONDEGO 

CEIP SADA E CONTORNOS

Para achegar a documentación, soliciten a través do teléfono do Concello (981620075- ext.200) ou ben a través do correo electrónico: citaprevia@sada.gal, cita para rexistro para
anexar a documentación que se require á solicitude feita previamente. O prazo remata o día 03 de setembro de 2021. Calquera dúbida ou aclaración poden consultala a través do correo: sadaeduca@gmail.com

COMEDOR E MADRUGADORES NO CEIP SADA E CONTORNOS E NO CEIP PEDRO BARRIÉ DE MONDEGO

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

  • Certificado Oficial de empresa, debidamente selado e asinado, do horario laboral desempeñado no posto de traballo. (agás aqueles en situación de ERTE que deberan aportar a documentación acreditativa oportuna).
  • Documentación acreditativa do estado familiar excepcional (monoparental, numerosa…)
  • Documentación da última declaración da Renda, pois debemos fotocopiar as casillas 435, 460 e 595 ou documento acreditativo de non obrigatoriedade.
  • Xustificante da conta bancaria debidamente selado pola entidade.

O prazo de entrega de toda esta documentación comeza o luns 05 de xullo do 2021 e remata o venres 23 de xullo de 2021. A documentación entregarase no rexistro de entrada do concello, mediante cita previa, sito na planta baixa do mesmo, ou a través da sede electrónica 

No caso de que existise maior demanda que prazas ofertadas, unha vez publicada a listaxe provisional de admitidos abrirase un prazo de reclamación de cinco días naturais. Transcorridos os mesmos e valoradas as alegacións publicarase a listaxe definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2021/22.

Prezo máximo do menú comedor alumno x día = 3,50 €.

Prezo do servizo de madrugadores sen almorzo alumno x día = 1,40 (modalidade usuario esporádico 2€)

Prezo do servizo de madrugadores con almorzo alumno x día = 2,35 (modalidade usuario esporádico 3€)

O prezo do servizo de comedor pode ser susceptible das distintas bonificacións as que se poda optar por parte da unidade familiar; o prezo do servizo de madrugadores non conta con bonificacións.

CITA PREVIA:

CIRCULAR INFORMATIVA 

FICHA INSCRICIÓN

Arquivado en