Subvencións e axudas...

AXENDA

Subvencións e axudas


XORNADAS DE CONCILIACIÓN

XORNADAS DE CONCILIACIÓN

10/07/2020

-O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías oferta as Xornadas Extraordinarias de Conciliación Familiar para nenas e nenos empadroados cuxo proxenitor/a (no caso de familia monoparenatal) ou proxenitores se atopen na circunstancia de traballo presencial carecendo de posibilidades de coidado dos seus fillos/as menores.

BOLSA EMPREGO OPERARIOS SERVIZO EMERXENCIAS MUNICIPAL (SEM)

BOLSA EMPREGO OPERARIOS SERVIZO EMERXENCIAS MUNICIPAL (SEM)

09/07/2020

Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral ou calquera das situacións contempladas no artigo 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, así como para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de Operario do Servizo de Emerxencias Municipal (SEM); en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2020”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 29 de xaneiro de 2020. (BOP núm.24, do 5-2-2020)

“Sada, espazo seguro” a campaña de confianza e novas tecnoloxías para o comercio e a hostalería local.

“Sada, espazo seguro” a campaña de confianza e novas tecnoloxías para o comercio e a hostalería local.

04/07/2020

Un selo de confianza, unha tenda online e códigos QR son as novas medidas da Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego para apoiar a reactivación do Comercio e Hostalaría sadenses dentro da campaña “Sada, espazo seguro”.

Sada programa actividades gratuitas para nenas e nenos de 5 a 12 anos

Sada programa actividades gratuitas para nenas e nenos de 5 a 12 anos

02/07/2020

INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DO 7 E 9 DE XULLO

A concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías programa actividades gratuitas de lecer ao aire libre durante o mes de xullo

CONVOCATORIA AXUDAS AUTÓNOMOS E PEMES PLAN SADA ACTIVA

CONVOCATORIA AXUDAS AUTÓNOMOS E PEMES PLAN SADA ACTIVA

01/07/2020

O Concello de Sada abre a convocatoria de axudas económicas destinadas ás persoas autónomas, microempresas e pequenas empresas de Sada. 

IMPORTANTE: O prazo para presentar a solicitude xunto coa documentación necesaria para poder optar á subvención será de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). 

PROCESO SELECTIVO RESTRINXIDO SUBVENCIÓN APROL DO SERVIZO PÚBLICO EMPREGO GALICIA - PEÓN FORESTAL

PROCESO SELECTIVO RESTRINXIDO SUBVENCIÓN APROL DO SERVIZO PÚBLICO EMPREGO GALICIA - PEÓN FORESTAL

01/07/2020

Listaxe definitiva do proceso selectivo restrinxido da subvención APROL por oferta do Servizo Público de Emprego de Galicia para 1 peón forestal PS 26-2020

03-07-2020 - Anuncio final e relación aprobados PS 26-20

PROCESO SELECTIVO RESTRINXIDO SOCORRISTAS SPEG

PROCESO SELECTIVO RESTRINXIDO SOCORRISTAS SPEG

01/07/2020

Listaxe definitiva do proceso selectivo restrinxido da subvención de Fomento do Emprego (Consellería de Emprego da Xunta de Galicia) por oferta do Servizo Público de Emprego de Galicia para 6 socorristas para as praias PS 27-2020

ESCOLA MUNICIPAL MÚSICA DE SADA - MATRÍCULA CURSO 2020-2021

ESCOLA MUNICIPAL MÚSICA DE SADA - MATRÍCULA CURSO 2020-2021

30/06/2020

A Escola Municipal de Música de Sada abre o prazo de renovación de matrícula e novo alumnado para o curso 2020-2021.

IMPORTANTE:  O prazo de matrícula para o novo alumnado admitido é do 18 ao 26 de xuño. O 29 de xuño publicaráse a listaxe definitiva.