“A Nave Espacial” un novo espazo multiusos no Paseo Marítimo de Sada
17/01/2021
Todo xira arredor de Isaac Diaz Pardo no novo espazo. O artista local Javier Bermudez transformou o exterior do edificio cunha homenaxe ao intelectual galego no 100 aniversario do seu nacemento e o Concello de Sada opta por denominar a construcción “A Nave Espacial”, tanto pola súa forma como polo título e tipografía dun folleto editado no 1964 que conten os debuxos de Isaac.
CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA A TEMPADA 2019-20
23/12/2020
O Concello de Sada, a través da Concellaría de Educación e Deporte, abre a convocatoria de concesión de bolsas para axuda a deportistas do Concello de Sada, no marco das Bases de Execución do Orzamento Xeral e plan estratéxico de subvencións 2020.
OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”
21/12/2020
BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”
FICHA DE CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
Actividades de Conciliación Nadal 2020
19/12/2020
A Concellaría de Educación e Deporte programa diversas actividades de conciliación para o período de Nadal. O Concello de Sada pretende desta forma atender a demanda individual de lecer educativo, así como as necesidades de conciliación das familias sadenses.
Sada repartirá máscaras ás familias máis desfavorecidas do municipio
19/12/2020
Nesta ocasión serán arredor de 9.000 (25 por familia) as unidades que se distribuirán grazas a unha nova campaña do Concello de Sada que complementa as xa desenvolvidas até a data e que especificamente está orientada ao apoio ás familias máis necesitadas.
Magos de Oriente interactivos en Sada
18/12/2020
A actividade, pensada para as familias, componse de tres rutas: a de Melchor, a de Gaspar e a de Baltasar, onde se irán sucedendo pistas a través de códigos QR, para poder contestar as preguntas que dan acceso aos agasallos que entregarán os paxes dos Reis Magos, á vez que os/as nenos/as lles entregan as cartas.
Sada anuncia os premios do Concurso de Postais do Nadal
17/12/2020
A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego vén de dar a coñecer os/as gañadores/as do Concurso de Postais do Nadal, que busca o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas.
O Concello de Sada anuncia a atribución de premios do Certame de Microrrelatos
16/12/2020
O Concello de Sada anuncia a atribución de premios do Certame de Microrrelatos “(Re)inventando Carvalho Calero”. Este concurso ten como obxectivo fomentar a creación literaria na modalidade de narrativa, así como dar a coñecer a figura de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Eva Castro Outeiriño, resultou gañadora da 3ª Categoría (18 anos ou máis) co relato “Corazón de Nai”.