8M en Sada - Día Internacional da Muller 2021
02/03/2021
A Concellería de Benestar e Igualdade programa diversas actividades e actos para o Día Internacional da Muller
- 4 E 5 DE MARZO: PRESENTACIÓN PLAN IGUALDADE
Sada aproba a licitación por procedemento aberto do servizo da Escola Infantil por importe de 2.130.000 euros.
26/02/2021
Esta nova licitación prodúcese logo de que se declarase deserta a anterior licitación. Desde o goberno municipal entenden que este servizo é totalmente necesario máis en tempos como o que estamos a pasar de pandemia polo COVID19 xa que promove o carácter plenamente educativo do primeiro ciclo da Educación Infantil (nenos/as de 0 a 3 anos) contribuindo ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos e respondendo ás necesidades das familias, contribuíndo á conciliación da vida laboral e persoal.
Aberta a inscrición para participar no Sada Comercio 2021 que celebrarase o 13 e 14 de marzo
26/02/2021
A concellería de promoción Económica, Turismo e Emprego abre o prazo de inscricción para a feira de Oportunidades “Sada Comercio 2021” que terá lugar o 13 e 14 de marzo detrás do edificio de A Terraza.
Concello e empresas de Sada apoian as reivindicacións do persoal do Consorcio Galego de Benestar
25/02/2021
Representantes das traballadores reuníronse no Concello co alcalde e concelleiras de Benestar e de Emprego e visitaron empresas locais na búsqueda de apoios ás súas demandas.
Enquisa Plan de Formación Sada 2021
25/02/2021
Desde o Concello de Sada somos conscientes da necesidade de facilitar ferramentas formativas para la población del Municipio.
Os cursos de emprego ofertados pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Sada teñen como finalidade a inserción laboral a través de formación práctica e personalizada dirixida fundamentalmente ás personas demandantes de emprego do Concello de Sada.
SADA APROBA A CONCESIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS PEL-REACTIVA
24/02/2021
A publicación da presente resolución provisional da cumprimento á notificación colectiva a todas as persoas e entidades interesadas, de acordo co artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e consonte ao establecido no punto 11 das bases reguladoras. As persoas e entidades interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentaren, de ser o caso, o desestimento da solicitude ou as alegacións que consideren oportunas. No caso de non formular desestimento expreso, a subvención considerarase aceptada tacitamente. No caso de formularse alegacións resolveranse de forma expresa na resolución de concesión definitiva desta convocatoria. Esta resolución de concesión provisional non crea dereito algún a favor das persoas beneficiarias propostas, en tanto non lles sexa notificada a resolución definitiva da súa concesión.
SADA ESIXE EXPLICACIÓNS AO GOBERNO DO ESTADO SOBRE AS RAZÓNS POLAS QUE NON RECORRE A SENTENZA DO PAZO
19/02/2021
Inaudito que o goberno do Estado declare como positiva unha sentenza que declara posuidores de boa fe aos Franco e obra a compensarlles os gastos desde 1975.
Non hai razóns xurídicas para que o Estado non recorra. E non facelo compromete as accións das outras partes e o futuro doutras demandas en relación co patrimonio detentado polos Franco.
MEDIDAS COVID19 EN SADA A PARTIR DO 17 FEBREIRO
17/02/2021
Desde esta pasada medianoite están en vigor as novas medidas publicadas no DOG o pasado 15 de febrero. En consecuencia coas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia o Concello de Sada informa das restriccións que están en vigor e as medidas municipais que rexirán a partir de hoxe