Participación Cidadá...

AXENDA

Participación Cidadá


Apoio unánime en Sada ás cofradías de pescadores galegas

Apoio unánime en Sada ás cofradías de pescadores galegas

26/03/2021

O Pleno de Sada aprobou onte por unaminidade unha moción presentada polo goberno local, consensuada en diferentes enmendas polos grupos da Corporación,  na que se insta aos grupos políticos que integran o Parlamento Europeo, nos que se inclúan todos os partidos do arco parlamentario galego, a presentar alegacións que consideren unha mudanza das medidas impostas pola Unión Europea así como a instar á Xunta de Galicia e ao goberno do estado Español a continuar coa posta en práctica de medidas de apoio ao sector pesqueiro artesanal e que garantan a protección das e dos traballadores do mar.

Sada avanza no traslado do Centro de Saúde

Sada avanza no traslado do Centro de Saúde

26/03/2021

O alcalde e o Concelleiro de Promoción da Saúde se reuniron onte de maneira telemática co Conselleiro de Sanidade para avanzar no posible traslado do Centro de Saúde á parcela contemplada no PXOM.

Sada inicia a expropiación de parcelas incluidas no ámbito de As Brañas

Sada inicia a expropiación de parcelas incluidas no ámbito de As Brañas

25/03/2021

O pasado decembro iniciose o expediente de expropiación forzosa para obtención do solo destinado a sistema xeral de espazos libres SXEL-06-31, de As Brañas, polo procedemento de taxación conxunta.

Sada programa cursos de horticultura ecolóxica

Sada programa cursos de horticultura ecolóxica

24/03/2021

A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Tic’s organiza cursos de horticultura ecolóxica nos meses de abril, maio e xuño.

OBRADOIRO ESCRITA CREATIVA EN SADA

OBRADOIRO ESCRITA CREATIVA EN SADA

24/03/2021

Actividade organizada dende a Biblioteca Municipal do Concello de Sada para persoas adultas

Inscrición online

Sada programa formación gratuíta para a mocidade desempregada

Sada programa formación gratuíta para a mocidade desempregada

23/03/2021

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña organiza formación gratuita dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de 215 horas (formación troncal 65 h. e específica 150 h.). 

Sada crea o Voluntariado Telefónico

Sada crea o Voluntariado Telefónico

20/03/2021

O concelleiro de Promoción da Saúde, Breogan Blanco, considera que “os nosos maiores non poden pasar inadvertidos na sociedade polo que debemos de facer porque o seu papel e implicación na sociedade,a día de hoxe, sexa máis trascendente”.

Sada abre o parque infantil de As Brañas logo dunha reforma que ampliou o espazo en 300m2.

Sada abre o parque infantil de As Brañas logo dunha reforma que ampliou o espazo en 300m2.

18/03/2021

A Concellería de Obras e Servizos tamén ampliou nun metro o ancho da acera de acceso pola zona do aparcadoiro e instalou unha nova iluminación do parque.

Ademáis da remodelación do parque infantil de As Brañas o Concello de Sada reformou recentemente os parques da rúa da Praia onde se instalaron elementos novos e retirados doutros parques logo da súa restauración.