Obras e servizos...

AXENDA

Obras e servizos


Sada lanza unha campaña contra os vertedoiros incontrolados

Sada lanza unha campaña contra os vertedoiros incontrolados

26/02/2020

-O Concello de Sada fai un chamamento a realizar un uso axeitado do servizo de recollida do lixo, a realizar o separativo e depositalo nos colectores correspondentes nas horas axeitadas.

-O Concello procederá ao reforzo da vixilancia e á imposición de sancións daqueles comportamentos que atenten contra o entorno natural  e solicita a colaboración cidadá para denunciar este tipo de actitudes que repercuten en toda a veciñanza e danan de maneira indiscutible a imaxe do municipio.

Sada pavimentará en horario nocturno diversas rúas do centro urbano.

Sada pavimentará en horario nocturno diversas rúas do centro urbano.

23/02/2020

-As obras servirán tamén para elevar os pasos de peóns á altura das aceras na entada do Instituto, fronte á rúa Abegondo, na rúa Lagoa e na rúa da Praia.

AVISO DE CORTES NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO EN SADA

AVISO DE CORTES NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO EN SADA

30/01/2020

Co fin de efectuar traballos de mantemento da red eléctrica para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro dá zona UDF Grupo Naturgy informa de que o vindeiro 3 de febreiro de 00:00 a 03:00 horas procederá a deixar fora de servizo unha serie de instalacións o que pode provocar interrupcións de subministro eléctrico en varias rúas do casco urbano de Sada.

SADA ADXUDICA A MELLORA DE CAMIÑOS EN MEIRÁS Y OSEDO

SADA ADXUDICA A MELLORA DE CAMIÑOS EN MEIRÁS Y OSEDO

13/01/2020

O Concello de Sada ven de adxudicar o proxecto MELLORA DOS PAVEMENTOS DOS CAMIÑOS DE PEROUTEIRO á empresa CANARGA, S.L. por un importe de 34.900 euros con cargo ao Plan marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). A  das obras previstas levaránse a cabo nos camiños de titularidade municipal de Vilar e un corto treito do Camiño da Condesa en Castelo, parroquias de Meirás y Osedo respectivamente.

Sada proxecta unha intervención no seu patrimonio etnográfico da auga

Sada proxecta unha intervención no seu patrimonio etnográfico da auga

10/01/2020

Sada proxecta recuperar este ano a súa arquitectura da auga, elementos vinculados á cultura tradicional e a un pasado recente onde fontes e lavadoiros eran elementos imprescindibles na forma de vida. Para preservar ese patrimonio etnográfico, o Concello inclúe no plan POS da Deputación deste exercicio un proxecto de mantemento de fontes e lavadoiros, tras estudar o estado de 21 elementos e chegar á conclusión de que a maioría deles presentan as mesmas necesidades, maiormente limpeza e reparacións.

Sada licita a renovación da iluminación pública coa que conseguirá un aforro enerxético de 1.500.000 kWh/ano

Sada licita a renovación da iluminación pública coa que conseguirá un aforro enerxético de 1.500.000 kWh/ano

08/01/2020

A Plataforma de Contratación do Sector Público publica hoxe duas licitacións cun orzamento total de 709.545 euros, a Renovación da iluminación pública exterior no casco urbano de Sada (259.382,99 €) e Renovación da iluminación pública exterior nas parroquias do termo municipal  de Sada (450.162,14 €).

RECOMENDACIÓNS E TELÉFONOS DE INCIDENCIAS TEMPORAL SÁBADO 21 DECEMBRO

RECOMENDACIÓNS E TELÉFONOS DE INCIDENCIAS TEMPORAL SÁBADO 21 DECEMBRO

21/12/2019

Teléfonos de incidencias, recomendacións e cancelación de actividades.

TELÉFONO ESPECIAL DE INCIDENCIAS

Sada contrata o arreglo das escaleiras de Fontán

Sada contrata o arreglo das escaleiras de Fontán

18/12/2019

O Concello adxudica tamén a reforma da Oficina de Información Xuvenil para liquidar as deficiencias en cuberta e fachada

Sada, 18 de decembro 2019.