Emprego...

AXENDA

Emprego


Convocatoria PS para a formación dunha bolsa de emprego para posibles contratacións laborais temporais de operarios

Convocatoria PS para a formación dunha bolsa de emprego para posibles contratacións laborais temporais de operarios

15/03/2018

Actualizado a 21 marzo 2018.

É obxecto destas Bases regular o proceso selectivo para a creación dunha Lista ou bolsa de emprego de candidatos para a contratación laboral temporal de operarios, para dar cobertura a situacións de acumulación de tarefas, realización de obras ou servizos determinados ou ben para a cobertura en réxime de interinidade de vacantes temporais de postos de operario pertencentes ao grupo V do Convenio Colectivo, no período de tres anos posterior á aprobación da Lista.

A concellería de Urbanismo e Emprego organiza un curso gratuito de Competencias Clave

A concellería de Urbanismo e Emprego organiza un curso gratuito de Competencias Clave

14/03/2018

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada, xestionada por Francisco Montoruto, organiza no seu Plan de Formación para o Emprego o curso gratuito para preparar o exame de competencias clave nivel 2 e 3 a e habilitará transporte gratuíto para a asistencia ao mesmo.

CONVOCATORIA PROVISIÓN DE PRAZAS DO CORPO DA POLICÍA LOCAL DE SADA INCLUÍDAS NA OEP 2016

CONVOCATORIA PROVISIÓN DE PRAZAS DO CORPO DA POLICÍA LOCAL DE SADA INCLUÍDAS NA OEP 2016

23/01/2018

Actualizado a 23 XANEIRO 2018

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE PRAZAS DO CORPO DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE SADA INCLUÍDAS NA OEP 2016

Curso de mantemento  de embarcacións

Curso de mantemento de embarcacións

09/01/2018

Desde a Concellaría de Urbanismo e Emprego, que dirixe Francisco Montouto, ponse en marcha unha acción formativa dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego 2018, Curso de mantemento de embarcacións, co obxecto de capacitar ao alumnado cos coñecementos teórico/prácticos necesarios para o coidado, reparación e mantemento de barcos.

Actualización listaxe Auxiliar Biblioteca

Actualización listaxe Auxiliar Biblioteca

01/12/2017

LISTAXE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE BIBLIOTECA ESTADO A 1-12-2017 CONVOCATORIA : La Voz de Galicia 5-02-2010 RESOLUCIÓN: Decreto da Alcaldía núm.412/2010, do 17 de marzo. ESTADO: VIXENTE

Curso de Almacenista e Carretilla Elevadora

Curso de Almacenista e Carretilla Elevadora

23/11/2017

O Concello de Sada dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME) organiza unha nova acción formativa: Curso de almacenista e carretilla elevadora 

O Obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado desenvolva e execute de forma correcta as tarefas propias da ocupación de mozo de almacén, concretamente: preparar pedidos e expedición, condución de equipos e maquinaria de almacén, dominar a documentación específica (albarás, follas de stocks, referencias) e carga e descarga de mercancías.

Curso de comercio: Actividades de Venda

Curso de comercio: Actividades de Venda

17/11/2017

Desde a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) informan ás persoas en situación de desemprego que en datas próximas Gaba formación realizará o curso de comercio, AFD 2017/100584 COMV0108 ACTIVIDADES DE VENDA de nivel 2 (requisitos mínimos de acceso: ESO ou competencias crave nivel II). O horario do curso será de 09:00 a 14:00, de luns a venres e ata o día de hoxe ten seleccionados 10 alumnos e fáltanlles 5 máis. Desde o centro de estudos solicitaron unha nova sondaxe á oficina de emprego de Orillamar, polo que se estás interesado/a terás que solicitalo alí.