O programa Ler Conta Moito da Biblioteca Municipal programa "Feminino Plural"
09/10/2019
O programa "Ler Conta Moito" da Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo programa para este venres 11 de outubro "Feminino Plural" con Silvia Penide e Carla López.
A actividade que terá lugar a partir das 19:00 horas é unha aposta por achegar o universo das mulleres autoras (de libros e de cancións) ata o público. Penide e Carla mostrarán cancións de Amaral, Guadi Gallego, Julieta Venegas, Patti Smith e escotaranse texto de Lucía Aldao entre outras autoras
Actividades para maiores de 55 anos curso 2019-20105
08/10/2019
O Concello de Sada abre a participación nas actividades sociais dirixidas as persoas maiores de 55 anos, promovidas pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, que teñen como finalidade contribuir a un envellecemento saudable e fomentar a autonomía persoal, promove-la participación e integración social das persoas, e previr situación de risco de exclusión social. Para elo desenvolvénse actividades Reforzo da Memoria, Ximnasia Terapeutica, Tai-chi, Ioga, Pintura e Restauración, orientadas ao fomento da calidade de vida e autonomía persoal, ao fomento da creatividade e expresión artística e a participación social.
Aberto o prazo de matrícula na escola infantil Galiña Azul para o vindeiro curso 2019/20
08/10/2019
08/10/2019 - Listado definitivo Galiña Azul Sada
08/10/2019 - RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAN PÚBLICAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS, DE AGARDA E EXCLUÍDAS DO PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO DE SETEMBRO NAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DESTA ENTIDADE PARA O CURSO 2019/20
Sada programa numerosas actividades para adultos
03/10/2019
Desde as distintas concellerías do Concello de Sada organízanse as Actividades para Adultos para o curso 2019-2020. Actividades para Maiores de 55 anos-Envellecemento Activo, Actividades formativas para adultos, Escola Municipal de Teatro e Sendereando no Camiño.
MATRICULA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL CURSO 2019-2020
27/09/2019
A Escola de Música Municipal de Sada abre a renovación e a nova matriculación para o curso 2019-2020
28/06/2019 - LISTAXE DEFINITIVO DO ALUMNADO EMM ADMITIDO CURSO 2019-2020
O goberno de Sada aproba o aumento de crédito para emerxencia social, dependencia, obras educativas, actividades deportivas e obras do POS 2019
26/09/2019
-O Concello de Sada celebrou o pleno ordinario do mes de setembro onde o goberno local aprobou un modificativo de crédito por valor de 280.000€
@salto@
CURSO DE COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS
11/09/2019
O vindeiro xoves 12 de setembro de 9:30 a 13:30 terá lugar na aula CeMit de Sada un curso de competencias dixitais básicas "Internet e ti" impartido por Fran Rivera.
Para este curso gratuíto só hai 10 prazas dispoñibles. As inscricións poden realizarse no 981 62 00 75 Ext:259 - contact@fran-rivera.com - blog.fran-rivera.com