CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN
29/03/2021
ACTUALIZADO A 24/02/2020 -Modificación do tribunal e desenvolvemento do 1º exercicio do PS
É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala de xestión, pertencente ao Grupo A, subgrupo A2, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de 2016 (BOP núm. 148, do 5-8-2016) adscrita aos Servizos Económicos municipais.
Apoio unánime en Sada ás cofradías de pescadores galegas
26/03/2021
O Pleno de Sada aprobou onte por unaminidade unha moción presentada polo goberno local, consensuada en diferentes enmendas polos grupos da Corporación, na que se insta aos grupos políticos que integran o Parlamento Europeo, nos que se inclúan todos os partidos do arco parlamentario galego, a presentar alegacións que consideren unha mudanza das medidas impostas pola Unión Europea así como a instar á Xunta de Galicia e ao goberno do estado Español a continuar coa posta en práctica de medidas de apoio ao sector pesqueiro artesanal e que garantan a protección das e dos traballadores do mar.
CONVOCATORIA DAS AXUDAS PEL-REACTIVA EN SADA
15/03/2021
Sada convoca as axudas do PEL-REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA para mitigar os efectos negativos que a pandemia ocasionou no seu tecido empresarial local, para así, deste xeito, acadar unha pronta recuperación económica. Estas axudas están dirixidas ás persoas profesionais autónomas e ás microempresas, sustento das súas economías locais, para contribuír así á súa pronta recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico da nova era posCOVID-19.
SADA COMERCIO 2021
12/03/2021
Esta fin de semana volve Sada Comercio a Feira de Oportunidades de Sada
O sábado 13 e o domingo 14 de marzo celebrarase en Sada unha feira de oportunidades onde poderás atopar grandes descontos das túas tendas favoritas:
Sada leva a Pleno un suplemento de 185.000 euros para axudas autónomos/as do PEL- Reactiva
10/03/2021
A partida inicial de 226.441,43 euros do PEL-Reactiva incrementarase con outra partida municipal de 185.000 euros para completar todas as solicitudes que cumpriron cos requisitos da convocatoria.
Esta liña de axudas suporá que 213 autónomos/as e microempresas de Sada reciban ata 3.000 euros para impulsar a actividade económica e o emprego.
O Ministerio de Transición Ecóloxica denega a solicitude de prórroga da concesión do BIC A Terraza
04/03/2021
O Concello de Sada valora positivamente a decisión e que se atenderán as alegacións presentadas polo Concello e anuncia que seguirá demandando de Costas a desafectación e a cesión ao patrimonio municipal do BIC.
Aberta a inscrición para participar no Sada Comercio 2021 que celebrarase o 13 e 14 de marzo
26/02/2021
A concellería de promoción Económica, Turismo e Emprego abre o prazo de inscricción para a feira de Oportunidades “Sada Comercio 2021” que terá lugar o 13 e 14 de marzo detrás do edificio de A Terraza.
Concello e empresas de Sada apoian as reivindicacións do persoal do Consorcio Galego de Benestar
25/02/2021
Representantes das traballadores reuníronse no Concello co alcalde e concelleiras de Benestar e de Emprego e visitaron empresas locais na búsqueda de apoios ás súas demandas.