Sada recibe da Unión Europea 880.738 euros do programa FEDER

21/05/2020

Sada recibe da Unión Europea  880.738 euros do programa FEDER

O goberno local proporá no Pleno que se celebrará o vindeiro xoves 28 de maio a dotación de 222.185 euros correspondente ao 20% da actuación que ten que asumir o Concello de Sada.

Este é o segundo proxecto para o que se solicita subvención xa que actualmente está en fase de evaluación a adxudicación do alumbrado público no centro urbano e nas parroquias do termo municipal por un importe de 562.416 euros.


Sada, 20 maio 2020.

O goberno que preside Benito Portela proporá ao Pleno da Corporación do vindeiro xoves 28 de maio a aprobación dun modificativo de crédito para dotar con 222.185 euros, correspondente ao 20% da actuación que ten que asumir o Concello de Sada, para catro proxectos de renovación das instalacións de alumbrado, iluminación e sinalización exterior en base a criterios de eficiencia enerxética no alumbrado público en varias zonas do municipio.

As novas zonas subvencionadas polorograma FEDER:

Zona: Rúa Praia, rúa Betanzos, Praza Pescadería, Souto, Costa-Coiro, Mandín, Campo do Sar, Espíritu Santo NVI, Vilar, Souto da Igrexa, Cimás, Os Tornos e Piñeiro. Orzamento 273.777,14€. (Axuda IDAE 80%: 219.021,71 €, Concello: 54.755,43 €)

Zona: O Valo, Amexeiral, A Esperela, Mosteirón, Agra, Campo das Mantas, Chan da Aldea, Carta, Cirro, Quintán, A Cañota, Fortiñón e Vertín. Orzamento 287.509,36€. (Axuda IDAE 80%: 230.007,48 €, Concello: 57.501,88 €)

Zona: Pazos, A Pedreira, Seixo, Sadadarriba, Castelo, Mandín e Pé do Muiño. Orzamento  276.010,55€. (Axuda IDAE 80%: 220.808,44 €, Concello: 55.202,11 €)

Zonas de Obra, Telleiras, Tarabelo, Compostela, Párroco Villanueva, Burreiros, Fiunchedo, Camiño Figueiras, Callejón Alba, Villablanca, Ballestas Noroeste, P.I. Arco Iris, As Valías, Osedo, Castelo, Aldea Machado e Quintán. Orzamento 273.625,60€. (Axuda IDAE 80%: 218.900,47 €, Concello: 54.725,13 €)

Aforro dun 30€ de enerxía e da emisión de gases de efecto invernadoiro (CO2)

O obxecto principal desta actuación é cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumpran cos requisitos técnicos elegibles para este tipo de luminarias segundo documento recoñecido polo IDAE e permitan reducir o consumo de enerxía eléctrica da instalación reformada en, polo menos, un 30%.

Así mesmo con esta actuación reducirase o consumo de Enerxía Primaria e emisión de gases de efecto invernadoiro (CO2) e cumprirase coas esixencias lumínicas do Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de Iluminación Exterior.

O Concello de Sada espeta con esta actuación regular os niveis de iluminación segundo diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose ás necesidades dos cidadáns. E regularizar as instalacións que non dispoñan de contador e agrupar puntos a tanto alzado dispersos polo municipio uníndoos a instalacións existentes ou creando novos cadros onde sexa necesario.

A instalación completa de iluminación exterior está composta por 104 cadros cuxa identificación, nome e tipo de cadro detállase a continuación.

A reforma de instalacións de iluminación exterior con tecnoloxía LED ten en consideración o establecido no documento Requisitos técnicos exixibles para luminarias con tecnoloxía LED de iluminación exterior elaborado polo IDAE e o Comité Español de Iluminación (CEI) e publicado na web do IDAE

Datos Iluminación do Concello de Sada

Número de habitantes - 16.500

Número de puntos de luz totais - 3.452 PL

Potencia instalada por habitante - 29,3 W/hab.

Puntos de luz por 1.000 habitantes - 227,9 PL/1000hab.

Potencia instalada por superficie de poboación - 16.160,0 W/km2

Facturación anual electric. por potencia instalada - 519,2€/kW

Consumo anual electricidade en relación coa potencia instalada - 4.261 kWh/kW

Consumo anual electricidade por habitante - 125,0 kWh/hab.

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Meirás. Urbanismo. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Obras e Servizos. Veigue. Medio Ambiente e Normalización Lingüística.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Urbanismo. Medio ambente.

Perfís:
Xuventude. Maiores.

AXENDA